Empresa SUMMUM DELICATESSEN. Presentación de conservas de peixe espada.

Eventos
01/25/2012
01/25/2012
25/01/2012

Empresa SUMMUM DELICATESSEN. Presentación de conservas de peixe espada.

-

O mércores, 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, a empresa Summum Delicatessen presenta as CONSERVAS DE PEIXE ESPADA, produto elaborado por ORPAGU (Asociación de Palangreiros Guardeses) e total novidade no Mercado.

Trátase dun dos últimos produtos que se acaban de incorporar á selección de Summum Delicatessen e que queren dalo a coñecer de maneira masiva co fin de poder chegar ao maior número de xente, en especial, aos establecementos de restauración de Madrid, en concreto, restaurantes galegos e tendas gourmet.

Esta conserva única preséntase no mercado gourmet en distintos formatos: Lomos en escabeche e en aceite de oliva en tarro de cristal 220 g. e Migas en aceite en lata de 400 g. (Ideal para hostelería).

Durante o acto, a directora de ORPAGO, ademais de explicar a actividade á que se dedica a súa organización, dará a coñecer como nace a idea de envasar esta nova conserva dirixida ao Mercado Gourmet e Restauración. 

O proxecto da conserva de peixe espada recibiu unha axuda do Fondo Europeo xestionado a través da Xunta de Galicia. Contan con selo do FROM e da UE.

25 Enero 2012
Eventos