As nosas instalacións

A Casa de Galicia conta con dúas salas de exposicións de uso polivalente na planta principal. 

A sala Emilia Pardo Bazán é o espazo institucional que acolle as principais actividades. Compleméntase coa sala Álvaro Cunqueiro, un espazo expositivo que en ocasións conta con programación propia independente da sala principal. Na mesma planta está ubicada a oficina de atención á cidadanía e de rexistro da Xunta de Galicia.

A Casa de Galicia dispón doutro espazo polivalente no primeiro andar, a sala Camilo José Cela. Acolle os cursos de lingua e cultura galegas e ten capacidade para a celebración de exposicións e pequenos eventos.

Estas son as características máis destacadas das salas: 

 

Sala Emilia Pardo Bazán

Sala Emilia Pardo Bazán

  • Situada na planta principal
  • É a sala institucional da Casa de Galicia
  • Uso polivalente
  • Superficie: 87 metros cadrados
  • Equipamento: megafonía e proxector de vídeo                 
  • Iluminación: focos led orientables de varios tipos

 

 

Sala Álvaro Cunqueiro

Sala Álvaro Cunqueiro

  • Situada na planta principal
  • Conta con iluminación natural no teito
  • Uso polivalente
  • Superficie: 67 metros cadrados
  • Equipamento: megafonía (opcional pantalla de televisión) 
  • Iluminación: focos led orientables de varios tipos

 

Sala Camilo José Cela

Sala Camilo José Cela

  • Situada no primeiro andar
  • Espazo de gran versatilidade
  • Uso polivalente con luz natural 
  • Superficie: 66 metros cadrados
  • Equipamento: megafonía (opcional pantalla de televisión) 
  • Iluminación: focos led orientables de varios tipos

 

 

Na primeira planta destaca tamén a Oficina Económica de Galicia, un espazo de vangarda para facilitar o emprendemento e a actividade empresarial en Galicia, con menos burocracia e cunha atención continuada.

Como sede da Xunta de Galicia, o Palacio de Amezúa dispón doutras dependencias para acoller a actividade institucional do goberno galego.