Saúdo do director

Fotografía do director da Casa de GaliciaBenvidos e benvidas ao espazo virtual da Casa de Galicia en Madrid, un punto de encontro da galeguidade e unha plataforma para a difusión da nosa lingua e a nosa cultura.

Esta Casa, sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid, mantén viva a vocación coa que naceu para representar á nosa Comunidade, estimular a actividade económica e promocionarnos como destino turístico único e de calidade.

Como galegas e galegos temos as portas abertas para recibir a todas as persoas que se interesen nas nosas actividades, unha programación diversa para tender pontes entre Galicia e Madrid, atendendo á innovación e á vangarda sen renunciar á esencia da nosa tradición.

Convídovos a visitar a Casa de Galicia en Madrid, a sentir como propio este recuncho de Galicia na capital de España e comprobar a esencia de Galicia Calidade.

Estades na Casa, estades en Galicia.

Luis E. Ramos
Director