Hoxe
--
A Casa de Galicia en Madrid presenta Seica en Madrid, unha exposición do artista galego Xesús Carballido que invita a descubrir unha forma diferente de mirar e entender a arte.A través de collages, ensamblaxes e composicións elaboradas con obxectos cotiáns e materiais recuperados, o artista transforma elementos aparentemente esquecidos en novas creacións cheas de significado. Unha proposta que…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de La vuelta a Galicia en 80 pedaladas. Patrimonio cultural en 2.400 km de cicloturismo, de Justo Jorge López.A obra recolle a experiencia do autor e dun grupo de amigos e familiares que percorreron Galicia en bicicleta ao longo de 37 etapas e aproximadamente 2.400 quilómetros, combinando o cicloturismo co descubrimento do patrimonio natural e cultural, as paisaxes, a gastronomía e os principais recursos turísticos de Galicia.O percorrido, con inicio e final en Ribadeo, desenvolveuse entre 2022 e 2024 e transcorre tanto pola costa como polo…
al
A Insignia de Ouro concédese a unha personalidade galega polo seu apoio á Asociación de Médicos Galegos ou o seu labor en favor de Galicia e a súa cultura.A Xunta Directiva decide que personalidade ou institución é merecedora deste máximo recoñecemento de Asomega.Entre os receptores da distinción atópanse Miguel Santalices, Miguel Carrero, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Caritas España, José María Fernández de Sousa/Sousa ou Ana Pastor.Nesta ocasión, outórgaselle a medalla á Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA).Para poder asistir é imprescindible inscribirse nesta ligazón…
al
O proxecto El Palomar preséntase como un innovador espazo híbrido concibido para dinamizar e transformar o medio rural.Nunha antiga casa de labranza rehabilitada conservando a pedra e os elementos construtivos orixinais, e integrada con tecnoloxías de alta eficiencia enerxética como a aerotermia e os paneis solares, establécese un nodo de conexión co territorio, o tecido empresarial e a sociedade, baixo os principios de sustentabilidade, inclusión, estética e innovación aplicada.Este ecosistema actívase a través de catro eixos estratéxicos: o fortalecemento da comunidade do territorio, o…
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da 20ª edición do Outono Gastronómico en turismo rural. O acto contará coa participación de Xosé Manuel Merelles Remy, director de Turismo de Galicia.Terá lugar o venres 18 de setembro ás 12,00h. na sala Emilia Pardo Bazán, para poder asistir é imprescindible confirmar asistencia no enderezo electrónico: produto.turismo@xunta.gal
al
O director da Casa de Galicia, xunto coa conselleira do Mar e o director do Plan da Cultura Marítima de Galicia, participarán no acto Galicia, mar e memoria, presentación do censo de patrimonio marítimo e das áreas nai.O acto terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o martes 15 de setembro ás 19,30h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Casa de Galicia en Madrid arranca a nova temporada coa inauguración da exposición Galicia, un latexo máis, de Turismo de Galicia.O acto terá lugar o luns 14 de setembro ás 19,30h. e contará coa participación do director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles Remy.
al
Abel Veiga presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu poemario Alén da frol do tempo 1988-2020.A presentación terá lugar o martes 14 de abril ás 18,00h na sala Emilia Pardo Bazán.
al
Non creo en máis vida ca esta relata os últimos días dun pai ao coidado do seu fillo. Ao longo destas páxinas a obra repasa a traxectoria do protagonista dende a memoria do seu coidador.J. Benito Fernández é un coñecido autor de biografías que, con este libro se achega por primeira vez ao mundo da ficción.A presentación terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o martes 17 de marzo ás 19,30h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A inauguración da exposición 40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid o xoves 5 de marzo ás 19,30h. Para poder asistir é imprescindible contar con convite.
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da última obra de Manuel Lage "José Barro, fábrica de Chavín". Este libro percorre a traxectoria profesional de Barro, recoñecido como unha das figuras pioneiras do sector en Galicia, e ofrece unha análise pormenorizada da súa contribución aos primeiros pasos da automoción. Ademais, examina as relacións establecidas entre a factoría de Chavín e outros núcleos industriais que comezaban a despuntar naquela etapa.A presentación terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán ás 19,30h, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.