Hoxe
--
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición aMAR, xentes do mar de Portosín. Unha colección de imaxes de Lorena do Merlo, que amosa o día a día dos traballadores da confraría de pescadores de Portosín.“Hai lugares onde o mar non é só horizonte, senón memoria, identidade e sustento. Portos como o de Portosín gardan historias que se contan entre redes, amenceres e mans salgadas.”, Lorena de…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
al
Esta exposición en homenaxe a María Casares, realizada polos artistas Isabel Pintado e Alfonso Costa, componse de diferentes obras que trasladan ao público a escenarios da paixón e homenaxean a unha das mulleres máis senlleiras da historia cultural de Galicia. A inauguración terá lugar o martes 3 de xuño ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da última novela de Lola Fernández, El secreto de la perfección. Con este traballo, a autora pretende trasladar ao lector á Galicia dos anos vinte. Ambientada nunha vella conserveira de Bueu, a protagonista desta historia coñecerá a Elvira Fandiño, unha das primeiras mulleres traballadoras de "La Perfección", e descubrirá a conexión que as une.A presentación terá lugar o martes, 20 de maio, ás 19:30 h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
al
A Asociación de Empresarias Galicia presenta na Casa de Galicia en Madrid a xornada Conexión Madrid: impulsando el talentofemenino gallego. Trátase dun encontro pensado para desenvolver redes, talento e liderazgo feminino no marco empresarial galego. A xornada terá lugar o día 8 de maio ás 18,30h. na sala Emilia Pardo Bazán. Para poder acudir é preciso confirmar asistencia no enderezo electrónico: protocolo@empresariasgalicia.com
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da XIII edición da revista iberorrománica de poesía e pensamento poético Serta. Esta publicación recolle múltiples poemas escritos en galego, castelán, portugués, vasco, catalán, francés e rumano. A presentación terá lugar o martes 6 de maio ás 19, 30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
al
O escritor galego Anxo Angueira impartirá na Casa de Galicia en Madrid un relatorio sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Coincidindo co Día internacional do Libro, o presidente da Fundación Rosalía pretende achegar ao público madrileño a figura dunha das escritoras máis importantes das letras galegas.Será o mércores 23 de abril ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
O Camiño debuxado, de Arturo Franco Taboada combina unha guía para peregrino con receitas e consellos culinarios. Esta publicación está patrocinada pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e traducida ao alemán por Florian Weber e ao galego por Uxía Iglesias Tojeiro.A presentación de O camiño Debuxado terá lugar o xoves 3 de abril ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
al
A exposición fotográfica A Vía da Prata, aires do sur chega á Casa de Galicia en Madrid, procedente da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Esta mostra reflexiona sobre a diversidade e a interrelación entre tradicións e culturas, sobre a soidade, a distancia e o paso do tempo, cunha ollada que retrocede no tempo. A Vía da Prata, aires do sur conta con un total de 76 fotografías que se estenden ao longo do percorrido desta ruta xacobea. Un relato único no que teñen cabida obras de grandes fotógrafos clásicos.Poderás adquirir o catálogo da exposición na Libraría Institucional da…
al
O escritor e notario Victorio Magariños presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última obra "Problemas de España". Neste libro recóllense unha selección de artigos publicados desde 1992 en diversos xornais, que reflexionan sobre a actualidade política e social de España ao tempo no que se producían.O autor fai un repaso por momentos da nosa historia recente, así como por aqueles temas que afectan os principios de liberdade e igualdade.A presentación será o mércores 26 de marzo ás 19,30h. na Sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
al
'Nuevos cuentos tradicionales' e 'La abeja preguntona' son as últimas obras do escritor Manuel Janeiro. O autor, que publicou parte da súa obra en galego, presenta agora na Casa de Galicia en Madrid dous novos libros en castelán. A presentación será o mércores 19 de marzo ás 19.30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Real Orde de Cabaleiros de María Pita organiza na Casa de Galicia en Madrid o relatorio 'IA A Coruña: a aposta da Coruña pola intelixencia artificial'. Será impartida pola catedrática da UDC (Universidade da Coruña), Amparo Alonso Betanzos, que ademáis foi a presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial.Terá lugar o martes 11 ás 19.00h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma. *A seguinte imaxe está creada por intelixencia artificial.