Hoxe
--
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
O xornalista Arturo Maneiro presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu novo ensaio "Una televisión sin ley". Esta obra afonda na xestión de Televisión Española dende o comezo da democracia hai 50 anos e fai un repaso histórico das normas que rixen a Corporación Radiotelevisión Española (RTVE).Na presentación participarán o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, o xornalista e exconselleiro de RTVE, Jenaro Castro, e a presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid, Pilar Falcón.Será o martes 21 de xaneiro ás 19:30 horas na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a…
Na obra "Barreiros. Historia completa", Manuel Lage fai un amplo e detallado percorrido da vida de Eduardo Berreiros, desde o comezo do seu traballo ata o seu pasamento no ano 1992. Un total de 370 páxinas e 660 fotografías amosan a historia da empresa automobilística ourensana. O libro está editado pola Fundación Jorge Jove e a Deputación de Ourense.A presentación terá lugar o xoves 16 de xaneiro ás 19:30 horas na Sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade. Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante…
A colección de fotografías ‘A Costa da Morte’, de Eloísa García Guerrero, é unha homenaxe aos que aman o mar e coidan da natureza, dos que salvaron e permitiron que siga existindo este mar.Esta mostra, que recolle as fotografías da costa atlántica galega, conta con un total de 24 pezas que estarán expostas na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia.A inauguración será o mércores 8 de xaneiro ás 19:30 horas na Sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
O documental ‘aMAR’, dirixido por Lorena do Merlo, relata o día a día das persoas que traballan na Confraría de Pescadores de Portosín. Con esta peza a directora pretende dar visibilidade ao traballo de todas as mulleres e homes que se adican ao mar e á pesca do cerco.Xunto con esta estrea a Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da campaña 'Azul de Portosín', un proxecto da mesma confraría para poñer en valor as especies que captura a flota local.A presentación terá lugar o mércores 11 de decembro ás 19:30 horas na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a…
A presentación da campaña ‘Galicia sabe Amar’ marcará o inicio da programación da Casa de Galicia en Madrid do mes de decembro. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dará a coñecer esta iniciativa coa que a Xunta de Galicia promove o consumo de peixe e doutros produtos do mar.A pesca e as actividades do mar protagonizan ‘La mar de buena. Galicia’, que inclúe a exposición de artes de pesca en miniatura ‘pescARTE’ e a mostra ‘Enredadas’, un proxecto impulsado por Artesanía de Galicia para que as mulleres redeiras poidan diversificar a súa actividade e xerar ingresos adicionais.A inauguración…
A exposición "Cornamusas primitivas: historia da civilización" permite percorrer culturalmente case toda Europa, o norte de África e parte de Asia. As gaitas que forman esta exposición proceden do Museo Internacional de Cornamusas da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.Ademáis dos aspectos morfolóxicos, musicais, e lingüísticos destes instrumentos, a mostra achéganos ás formas de vida, valores e símbolos dos pobos e os tempos dos que proceden. Ao longo da súa historia, a gaita empregouse en todo tipo de celebracións, desde festas populares ata actos militares.A inauguración…
O profesor Francisco Peña presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra "Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: las claves para afrontar las grandes amenazas en el siglo XXI". Neste escrito recolle as principais ameazas ambientáis ás que se enfronta o mundo. A obra está escrita maioritariamente en castelán pero conta con algúns artigos en galego.
José de Cora percorre a historia da catalepsia a través de 100 casos reais na obra "Me han enterrado vivo". O xornalista repasa dende o século IV a.C ata chegar aos nosos días os casos daquelas persoas que foron soterradas vivas. Estará acompañado na presentación polo conde de Fontao, José Manuel Romero Moreno.
"Romanía, o outro finis Terrae, o mesmo campus stellae" é o título do relatorio de Elena Mocanu co que rematará a XXIV edición do 'Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos'. Este acto terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid a partir das 19:00 horas.
Carlos Abellán, ex director do Museo do Ferrocarril Madrid-Delicias, presenta na Casa de Galicia a súa obra "Del Ferrocarril Compostelano a la Alta Velocidad, 150 años de imágenes e historias contadas". O libro recolle as diferentes etapas polas que pasou o ferrocarril en Galicia e as múltiples liñas ferroviarias que se estenden polo seu territorio desde hai 150 anos. 400 páxinas a través das cales o lector poderá descubrir a historia deste medio de transporte.O libro está prologado por Ana Pastor Julián que resalta "a profunda marca na identidade e no progreso de Galicia e de España grazas á…