Hoxe

--
fotos-web-nova-53
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Eventos pasados

O maxistrado Ramón Trillo, ex presidente da Sala 3ª do Tribunal Supremo, presenta na Casa de Galicia en Madrid a obra 'Unha terceira apócrifa, diálogos de cataluña e outros escritos profanos', con artigos publicados polo autor en distintos medios e con prólogo de Luis María Díez-Picazo, maxistrado do Tribunal Supremo. Na presentación participarán tamén o director da Real Academia Española, Santiago Muñoz Machado, e o vicepresidente emérito do Tribunal Constitucional, Juan Antonio Xiol Ríos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 
Antonino Nieto Rodríguez presenta 'Apuntamentos para non disolverse na común semente do tempo', un evento multidisciplinar ao redor da poesía. Nesta ocasión, o polifacético Antonino estará acompañado polos poetas Carolina González Blanco e Manuel Guisande, o músico Carlos Nieto, os cantantes Magalí Revollar e Orlis Pineda, e os pintores Laura Abril e Ricardo Sánchez. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
A Casa de Galicia en Madrid acolle a proxección do documental 'Os camiños de Colón', da Asociación Cristóbal Colón Galego. Este traballo recolle os pasos seguidos por esta asociación na busca de ADN galego para contrastar co do descubridor que se conserva na Catedral de Sevilla. Os resultados forman parte dun proxecto científico que desenvolve a Universidade de Granada. No acto participarán o xornalista Bieito Rubido, director de 'El Debate'; Eduardo Esteban, presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego; e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos.
A Casa de Galicia acolle o encontro de ASOMEGA 'Cancro hoxe, estratexias de prevención, precisión e coidado', no que van participar Ramón Reyes, presidente da Asociación Española Contra el Cáncer; Luis Paz-Ares, xefe do servizo de Oncoloxía Médica do Hospital 12 de Octubre; Mari Luz Amador, directora médica de Roche Farma; Felipe Couñago, director médico de GenesisCare España e Ramón Mel, do grupo de investigación SOLTI. Máis información e inscricións na páxina web de ASOMEGA. 
al
Organizado por Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia. Obradoiro aberto e de balde dirixido ao público infantil e adulto. Ata completar aforo. Obradoiro de iniciación á cestería. A partir de técnicas tradicionais faremos unha pequena bandexa de vimbio branco. Impartido pola artesá Julia de la Cal @la-parabolica. Horarios: 11:00 a 12:00 e de 16:00 a 19:00 horas. 
A Casa de Galicia en Madrid acollerá o vindeiro venres 4 de outubro ás 19:30 horas un concerto de voz e piano de ARiMagritte e Mateo Sestelo, unidos artisticamente baixo o nome de MATgritte. Este proxecto intimista combina "a suavidade da voz e a forza da música", tal e como describe a cantautora viguesa.
A Casa de Galicia en Madrid estrea o programa de actividades 'Toma castaña. Galicia' o vindeiro xoves 3 de outubro ás 19:30 horas. No arranque desta programación, tamén se presentará a historia galega da cadea de restauración Viena Capellanes, que deseñou para esta ocasión un exclusivo doce de castañas. Con este acto quedará inaugurado o 'Souto da Casa de Galicia en Madrid'.
'Finisterre, una luz más allá del Camino' é a primeira novela de Carlos Javier Vega Briz, un peregrino amante do Camiño de Santiago. O autor relata unha historia de amizade a través da que o lector poderá descubrir as etapas, recunchos e puntos de interese do Camiño de Santiago. Nesta historia o autor desvelará 'o gran secreto que se esconde no Camiño'.Na presentación, Carlos estará acompañado pola escritora Cristina López Barrio, premio Azorín de Novela 2024.
A escritora galega María José Lorenzo presenta na Casa de Galicia 'Zapatones, el peregrino eterno'. Nesta obra, a autora relata a historia do popular personaxe Juan Carlos Balsas Lema, coñecido popularmente como Zapatones. Vestido de peregrino medieval converteuse nun auténtico embaixador do Camiño de Santiago.María José Lorenzo estará acompañada pola xornalista galega Pilar Cernuda nun acto no que tamén participarán outro compañeiro de profesión, Israel García-Juez, o ex xogador de baloncesto Fernando Romay e o editor do libro Gonzalo Sáenz. 
Augusto Bruyel, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e catedrático de Lingua Castelá e Literatura, é un gran coñecedor da historia de España. Empregando o estilo de historia novelada, decidiu escribir sobre varios reis ilustres da Idade Media. Publicou en 2012 'Alfonso VIII. Historia de una voluntad' e en 2017, 'Desde Pamplona, rex ibericus' (sobre Sancho III el Mayor). Culmina a súa triloxía medievalista presentando as vidas, tan relacionadas entre si, do rei aragonés Alfonso I el Batallador, a raíña leonesa Urraca I e o bispo galego Diego Gelmírez.