Hoxe
--
A Casa de Galicia en Madrid presenta Seica en Madrid, unha exposición do artista galego Xesús Carballido que invita a descubrir unha forma diferente de mirar e entender a arte.A través de collages, ensamblaxes e composicións elaboradas con obxectos cotiáns e materiais recuperados, o artista transforma elementos aparentemente esquecidos en novas creacións cheas de significado. Unha proposta que…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
Proxección do documental "Primeira pererinación a Santiago de Compostela en tractor de época". Encontro de museos relacionados coa arqueoloxía industrial agraria e as súas asociacións de amigos, titulada "Old Times, tractor meeting", coa intervención de Joan Artigas e José Luis Horcajo.Presentación da publicación "Alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas", pola presidenta de MUVICLA e doutora enxeñeira agrónoma, María José Bande Castro, investigadora do CIAM.Conferencia sobre o proxecto "Agricolae Mundi", por Miguel Agulló Velasco.Actuacion musical de percusión e gaita, por…
"Territorio e agricultura, aprendendo do pasado, mirando ao futuro", por Quico Ónega, enxeñeiro agrónomo, investigador do "Laboratorio do Territorio", da Universidade de Santiago de Compostela."O glamour é do máis rural que hai", por Brais Vázquez Bande, estudante de terceiro curso de Enxeñería Agrícola na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo."Da escola á granxa", aposta polo futuro do rural desde a educación infantil e primaria", por Carlos A. Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro agrónomo da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo.
A través desta obra Carlos Lema recolle as presentacións que, como presidente de IURISGAMA, tivo a oportunidade de efectuar nos actos de concesión dos Premios Montero Ríos, que se outorgan desde o ano 1995 a un xurista galego que consagrase a súa vida ao mundo do Dereito.O libro, patrocinado polo Parlamento de Galicia, foi prologado polo seu presidente, Miguel Santalices Vieira, que destaca o merecido desta iniciativa ao honrar a memoria de xuristas ilustres que alcanzaron a excelencia facendo gala da súa condición de galegos e por convidarnos a recoñecer o papel fundamental do dereito…
Coincidindo co 5º aniversario de Muvicla (Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria) e co 25 aniversario da produción certificada en ecolóxico da Casa de Vázquez (berce do museo), inaugúrase na Casa de Galicia a mostra "Coidamos da terra. Coidamos da xente", que pretende poñer en valor o campo desde un proxecto de desenvolvemento rural de Galicia, e durante todo o mes de xullo en Madrid para o mundo.Galicia é terra fértil, onde a xente, o territorio e a cultura fúndense nunha harmonía de valores, cuxo resultado é unha forma de ver o mundo audaz e sosegada, sen perder de vista a…
Unha novela histórica e ensaio de investigación que, tendo como fío condutor o Camiño de Santiago, narra a enorme importancia de dous eventos históricos ocorridos en España. El Paso Honroso, de Soro de Quiñones, e a batalla das Navas de Tolosa, de Alfonso VIII. Como ese evento de cabalería do século XV e esa batalla ocorrida en 1212, foron dúas grandes xestas con implicacións internacionais que desencadearon sucesos non contados ata a data. En palabras de César García Álvarez, autor do prólogo á segunda edición: "Estamos ante un relato inclasificable, apaixonante e diferente, en suma,…
A tradición panadeira de San Cristovo de Cea está ligada á historia do Mosteiro Cisterciense de Santa Maria A Real de Oseira. Desde o século XIII, a "Vila do bo Pan" é referente da panadería na provincia e mesmo en toda Galicia e segue sendo a principal actividade agroindustrial deste municipio. Ademais, o Pan de Cea foi o primeiro en obter o selo de Indicación Xeográfica Protexida (IGP) de Pan de toda Europa, no ano 2005. Os primeiros domingos de xullo desde o ano 1991, celébrase no Campo da Saleta de Cea, a festa de Exaltación do Pan de Cea, un alimento sinxelo para padais exquisitos.…
María Mendoza, pianista e compositora premiada nacional e internacionalmente e membro da Asociación Galega de Compositores, presenta un concerto de piano atípico, sorprendente, dirixido a todos os públicos, que non deixa indiferente.A pianista e compositora presenta as súas pezas de inspiración galega en directo, pero tamén dialoga co público para explicar o proceso creativo da súa obras e recibir o feedback directo do público.Son dous as súas fontes de inspiración: as cantigas de amigo de Martín Codax e as melodías tradicionais galegas coas que crea pezas novas, ás veces sorprendentes, para…
O autor na súa última obra, "Hijos de la luz y de la ira", condúcenos nunha viaxe emocional a través da súa terra natal, Galicia, a contorna do mar e a vibrante cidade de Nova York, onde viviu e atopa inspiración.Cunha voz poderosa e comprometida, o poeta avoga polo cambio e a mellora da realidade social dos nosos días, lembrando a mestres como Federico García Lorca, Miguel Hernández e José Saramago. Os seus versos son un canto á humanidade, onde o amor, a loita social e a emigración entrelázanse nunha poesía que trae o recordo do pasado para gañar o futuro e escorrentar os medos. Como…
EDUARDO BARREIROS foi un inventor e empresario industrial español, pioneiro do mundo do motor. Nacido en Gundiás, Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense, en 1919, faleceu na Habana, Cuba tras facer realidade Barreiros Diesel, en dúas etapas e en dous continentes, e lograr unha serie de fitos polos que se considera o pai da automoción en España.A memoria deste emigrante, convertido xa en mito, cóidaa a Fundación Eduardo Barreiros, presidida con acerto pola súa filla Mariluz, persoa tamén de innumerables méritos, que soubo proxectar a figura do seu pai como exemplo de superación, esforzo,…
É a historia apaixonante de Balbino Fuentes Mora, a voz que levou as xestas do Pontevedra do "Hai que roelo" a toda España; un pioneiro dos medios de comunicación e dun tempo no que a potencia e a innovación que supuxo a radio só pódese comparar coa transcendencia que hoxe ten Internet nas nosas vidas.En palabras de Xabier Fortes, prologuista do libro, Fuentes Moura foi algo máis que a voz de "Hai que roelo", foi ademais a cabeza que revolucionou a radio en Pontevedra e en gran medida tamén en toda Galicia. En tempos de férreo control da censura, foi capaz de ir abrindo espazos que trataban…