Hoxe

--
seica-en-madrid
A Casa de Galicia en Madrid presenta Seica en Madrid, unha exposición do artista galego Xesús Carballido que invita a descubrir unha forma diferente de mirar e entender a arte.A través de collages, ensamblaxes e composicións elaboradas con obxectos cotiáns e materiais recuperados, o artista transforma elementos aparentemente esquecidos en novas creacións cheas de significado. Unha proposta que…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Eventos pasados

"Francisco Umbral: Manual de instrucciones", con prólogo de Ángel Antonio Herrera, é unha obra que combina ensaio, crónica e narrativa para mergullarnos na vida e obra de Francisco Umbral. O autor, José Besteiro, ofrece unha visión profunda e reveladora tanto do escritor como da experiencia literaria. Non é simplemente unha biografía, senón máis ben un artefacto de indagación que captura a esencia mesma do autor e a súa obra.  José Besteiro é xornalista e escritor. Colaborou como articulista en ABC e El País. Neste diario publicou por entregas Los reyes catódicos, serie de columnas…
Jesús Ángel Sánchez García (A Coruña, 1967) é catedrático de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións enfocáronse cara á historia da arquitectura e o urbanismo en Galicia nos séculos XVIII ao XX, con especial atención a diferentes tipoloxías —teatros, cinemas, faros, pazos e os seus xardíns—, así como ás condicións profesionais e produción de destacados mestres de obras e arquitectos no mesmo período. No ano 2000 recibiu o premio Galicia de Investigación en Humanidades. Desde 2021 coordina o grupo de investigación Historia da Arte, da Arquitectura e…
O evento conta con dúas áreas diferenciadas: 1. Foro Éxito Franquia que acollerá programa de relatorios e mesas redondas (Claves para o Éxito). Un espazo para o debate e a transmisión de coñecementos. Haberá un espazo para a presentación de Casos de Éxito mediante presentacións dinámicas ou paneis estáticos. 2. Un espazo exposición encontros e networking (Solucións para o Éxito) protagonista do evento no que marcas en franquía de diferentes sectores nacionais e internacionais formarán a liña das firmas expositoras.
A conferencia céntrase en momentos da vida de dous colosos das nosas letras, como foron Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. A escritora galega e o literato canario mantiveron un estreito vínculo no que prevaleceu, por encima de cuestións sentimentais, o respecto e a admiración mutuas.  Ao longo do relatorio, faise un percorrido polos grandes momentos da escritora galega, como o de ser a primeira muller admitida como socia en Ateneo de Madrid ou o de alcanzar unha cátedra na Universidade española. Lémbrase tamén a visita que fixo a Santander, onde Benito Pérez Galdós pasaba os…
Foro Exhibición Éxito Franquicia e AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos de Madrid) ten o pracer de convidarlle á rolda de prensa presencial, na que presentará o Foro Exhibición Éxito Franquicia, un encontro profesional para favorecer o intercambio de coñecementos sobre a franquía como sistema de negocio e para dar a coñecer os recursos de asesoramento, financiamento e solucións tecnolóxicas, que están ao dispor de empresarios e emprendedores.
al
Esta homenaxe ao autor ferrolán ten como principal obxectivo lembrar e comentar a extraordinaria obra literaria de Torrente Ballester, poñendo de relevo a súa prodixiosa imaxinación e talento fabulador despregados na invención de mundos fantásticos nas súas novelas máis importantes e resaltar as súas achegas fundamentais, sobre todo no campo da novela e con referencias a outros xéneros, que o sitúan nun lugar de privilexio na literatura española da segunda metade do século XX e tamén na historia da literatura europea en xeral. Así o consideraba o Premio Nobel portugués José Saramago cando…
Pilar Santos regresa á Casa de Galicia en Madrid cunha mostra que se caracteriza pola diversidade de medios utilizados ao longo dos anos e que tan ben domina. Desde as súas pinturas ao óleo, pasando polas súas novas esculturas con luz ou as coloristas máscaras, a súa obra evidencia a versatilidade e a disposición da artista para desafiarse constantemente pero sen perder un chisco da súa esencia. É unha excelente ocasión para gozar do seu infinito caudal imaxinativo que emana da súa mente, a través dos seus pinceis. Na pintura de Pilar predominan dúas notas: a cor e o movemento buscando sempre…
Esta mostra consta de varias series con temáticas concretas que se involucran unhas con outras dialogando e construíndo historias fílmicas. David Quinteiro, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo,  é un observador do cotián; a través da súa pintura, as cousas pasan de ser un obxecto a unha paisaxe, a unha onda ou a unhas plantas silvestres comestibles; sinalando sempre ese algo cotián que lle rodea, e que ao observar e concretar a mirada pon no seu xusto valor. A Quinteiro o cotián envólveo e o deglute, é a súa salsa e a súa potencialidade. Pintor ata a medula cre que o…
José Vázquez Cereijo deixou un legado de sorprendentes proporcións. Non só a súa pintura, a maiores unha inmensa colección de obra gráfica, a súa poesía, unha extensa biblioteca abarcando revistas e edicións de libros de varios séculos e a súa colección particular de arte. Cadros, escultura... pezas de artistas galegos como Colmeiro, Corredoira, Maruja Mallo, Seoane, Tino Grandío por nomear algúns e internacionais como Francis Bacon, Georges Braque, Picasso, Dalí... El vivía exclusivamente pola arte, e pola cultura en todos os seus contextos. Máis aló diso, a súa colección de preciosas…
Editado por Galaxia, con este libro Toxo debuta como novelista. Nesta distopía fantástica, o autor presenta o colapso social que sucede nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento. Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica, leva á civilización postindustrial aos límites da desaparición. No medio dunha extinción, sen conciencia do perigo, un pequeno grupo intúe que o paradoxo da salvación radica nas persoas que permaneceron illadas nos remotos contornos dunha natureza implacable como imprescindible. A Colonia é…