Conferencia de Gonzalo Sánchez Eguren: "Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós, crónica dunha amizade"

Eventos
02/14/2024
02/14/2024
14/02/2024

Conferencia de Gonzalo Sánchez Eguren: "Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós, crónica dunha amizade"

A conferencia céntrase en momentos da vida de dous colosos das nosas letras, como foron Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. A escritora galega e o literato canario mantiveron un estreito vínculo no que prevaleceu, por encima de cuestións sentimentais, o respecto e a admiración mutuas. 

Ao longo do relatorio, faise un percorrido polos grandes momentos da escritora galega, como o de ser a primeira muller admitida como socia en Ateneo de Madrid ou o de alcanzar unha cátedra na Universidade española.

Lémbrase tamén a visita que fixo a Santander, onde Benito Pérez Galdós pasaba os veráns na súa leira de San Quintín, á que Emilia chamaba “o palacete”. 

Na súa curta estancia por terras da actual Cantabria, a coruñesa tivo a oportunidade de coñecer a recentemente descuberta cova de Altamira, onde contemplou aquelas cegadoras pinturas prehistóricas que tanta incertidume suscitaran e que Emilia nunca dubidou en recoñecer como auténticas, tal e como refire na súa obra “Por la España pintoresca”.    
 

14 Febreiro 2024
Eventos
Participantes
Gonzalo Sánchez Eguren, licenciado en Historia, Ciencias Políticas e Antropoloxía Social e Cultural. Máster en Historia Contemporánea e docente
Imaxes