Notas de prensa
A Casa de Galicia en Madrid acolleu o acto de entrega da Insignia de Ouro de ASOMEGA 2026 á Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), nunha xornada que reuniu representantes institucionais e destacados profesionais do ámbito da investigación oncolóxica.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes, entre os que se atopaban o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño; o presidente de ASOMEGA, Julio Ancochea; e o presidente de ASEICA, Rafael López.Durante a súa intervención, Ramos agradeceu a…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe, no marco da Semana Internacional da Arquitectura 2026, a presentación do proxecto El Palomar, unha iniciativa da Fundación Roberto Rivas que propón utilizar a arquitectura, a recuperación do patrimonio e a innovación como ferramentas para xerar novas oportunidades no medio rural.O proxecto parte da rehabilitación dunha antiga casa de labranza, na que se conservan a pedra e os elementos construtivos orixinais e se incorporan solucións de alta eficiencia enerxética, como a aerotermia e os paneis solares. O espazo concíbese como un nodo de conexión co…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o Encontro Internacionalización e Competitividade Empresarial, unha xornada destinada a analizar os retos e oportunidades aos que se enfrontan as empresas galegas nun escenario económico internacional cada vez máis complexo e cambiante.O encontro, organizado por Grupo Isonor e AEGAMA, coa colaboración da Xunta de Galicia, reuniu empresas e expertos arredor da internacionalización como unha decisión que abrangue non só o ámbito comercial, senón tamén aspectos como a estratexia, o financiamento, a tecnoloxía, o talento, a xestión dos riscos e a…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, presentaron hoxe na sede institucional da Xunta en Madrid a XX edición do Outono Gastronómico, unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración coa Federación de Turismo Rural de Galicia, que cumpre dúas décadas de traxectoria.O programa desenvolverase do 18 de setembro ao 20 de decembro e contará coa participación de 71 establecementos de turismo rural das catro provincias galegas, con propostas que combinan gastronomía e aloxamento, menús, escapadas de fin de semana e…
A Casa de Galicia en Madrid convoca, con carácter gratuíto, os cursos de Lingua e cultura galegas I e II para o curso 2026/2027.📌 PRAZO DE INSCRICIÓNDo 18 ao 28 de setembro de 2026, ambos incluídos.📝 COMO INSCRIBIRSEAs persoas interesadas deberán cubrir a os formularios correspondentes dispoñibles a continuación para descargar.As solicitudes poderán presentarse:📍 Presencialmente, no Rexistro da Casa de Galicia en MadridC/ Casado del Alisal, nº 8, Madrid🕘 De luns a venres, de 9,00h. a 14,00h.📧 Por correo electrónico:rexistrocasagalicia.madrid@xunta.galEn ambos os casos, a solicitude deberá…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, presentaron hoxe, na sede institucional da Xunta en Madrid, o primeiro Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia e as Áreas Nai ou Espazos de Interese Cultural Marítimo, dúas ferramentas impulsadas pola Xunta no marco do Plan da Cultura Marítima de Galicia (PCUMA) para conservar, protexer e difundir o patrimonio vinculado ao mar. O Censo permitiu inventariar e documentar 1.452 bens patrimoniais, tras un traballo de campo de case tres anos no que se percorreron máis de 24.000 quilómetros e…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, xunto ao director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inauguraron hoxe a exposición Galicia, un latexo máis, unha mostra que propón achegarse ao destino galego desde unha perspectiva experiencial e que presenta a viaxe como unha procura de sensacións vinculadas á natureza, á paisaxe e ao contacto respectuoso coa contorna. A exposición poderá visitarse ata o próximo 25 de outubro na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia.A mostra está organizada por Turismo de Galicia, coa colaboración da Asociación Galega de Empresas de Turismo…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que Galicia será a Capital iberoamericana da gastronomía saudable entre este ano e 2027, o que servirá para potenciar a cociña galega como un dos piares da actividade turística, da proxección exterior e da identidade propia da comunidade autónoma.O titular do executivo autonómico asinou esta mañá un convenio de colaboración neste sentido co presidente da Academia Iberoamericana de Gastronomía, Rafael Ansón. Durante o tempo que dure a capitalidade, organizaranse diversos tipos de actividades como campañas de difusión, elaboraranse materiais…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación da XLVII Festa do Pemento dá Arnoia, unha das principais citas gastronómicas do verán galego e unha celebración que pon en valor un dos produtos máis representativos da comarca do Ribeiro. O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación do alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio; e do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte.Durante a súa intervención, Luis E. Ramos destacou o valor das festas gastronómicas como ferramenta de promoción do…
Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación de Hijo de la roca y el fuego, a nova novela do xornalista e escritor Jacinto Ruíz, nun acto presidido polo director da institución, Luis E. Ramos, e que contou coa participación da presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia, María Méndez. A obra traslada ao lector ata hai 40.000 anos para construír un relato no que a investigación histórica e a ficción se unen para reflexionar sobre cuestións profundamente humanas.Durante a súa intervención, Luis E. Ramos destacou a traxectoria profesional de Jacinto Ruíz e puxo en valor o…