Notas de prensa

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da obra Non creo en máis vida ca esta, do escritor J. Benito Fernández, publicada por Editorial Galaxia e traducida ao galego por Perfecto Conde. Durante a presentación o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, destacou que esta presentación forma parte da programación cultural impulsada pola Xunta de Galicia, que ten entre as súas prioridades a promoción da lingua e da cultura galegas fóra da Comunidade. Neste sentido sinalou que “este libro é case como nós, estamos entre Galicia e Madrid”. Así mesmo, incidiu na…
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga). A Casa de Galicia en Madrid é una das sedes que acollerán a celebración dos exames para os niveis 2, 3 e 4 no mes de maio, nas datas que determine a Secretaría Xeral da Lingua. As persas interesadas deberán presentar a súa solicitude e aboar a taxa correspondente entre o 16 de marzo e o 8 de abril. Poderán facelo por vía electrónica neste formulario da sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán atopar toda a información necesaria no Portal da Lingua…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participou esta tarde na presentación do documental Si gana el impacto positivo, ganamos todos, acto que marca o inicio da nova edición da Impact Social Cup, unha iniciativa orientada a impulsar proxectos emprendedores con impacto social e ambiental.Durante a súa intervención, Ramos amosou o apoio da Xunta de Galicia a este tipo de iniciativas que promoven un emprendemento comprometido coa sociedade. “A Xunta de Galicia comparte o obxectivo de impulsar iniciativas que teñan un impacto positivo na nosa terra, apoiando proxectos e empresas…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a inauguración da exposición 40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro, organizada polo Parlamento de Galicia. Esta mostra reúne unha selección de caricaturas orixinais do caricaturista Siro López nas que o autor retrata, con ironía e capacidade de síntese, catro décadas da historia política e social de Galicia.No acto participaron, ademais do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o autor das obras expostas, Siro López Lorenzo e o comisario da exposición…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu a presentación do libro José Barro. Fábrica de Chavín, unha obra que recupera a figura dun dos pioneiros da industria do automóbil en España e pon en valor o legado empresarial e industrial galego.Durante o acto, Ramos subliñou a importancia de difundir desde a Casa de Galicia aquelas iniciativas editoriais que contribúen a reforzar a memoria colectiva e a proxectar o talento da Comunidade máis alá das súas fronteiras. O director destacou a relevancia histórica de José Barro, exemplo de visión, iniciativa e capacidade innovadora…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación de Vanetta, unha marca galega que aposta pola innovación alimentaria a través de produtos 100% plant-based inspirados na tradición culinaria de Galicia. A iniciativa combina identidade gastronómica, investigación e desenvolvemento para ofrecer alternativas vexetais que manteñen o sabor e a esencia das receitas de sempre, adaptadas ás novas demandas de consumo.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, sinalou que “ é un pracer recibir a unha empresa que se alimenta da nosa tradición gastronómica” e que, a través da…
A Secretaría Xeral da Lingua impartirá na Casa de Galicia en Madrid os cursos preparatorios das probas para obter o certificado de lingua galega Celga 3.As persoas interesadas poderán inscribirse a través do Portal da Lingua Galega entre o 12 de febreiro e o 4 de marzo. Os cursos son totalmente gratuítos e poden acceder a eles todas as persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que cumpran esta idade no ano natural da convocatoria.Todos os cursos terán un mínimo de 15 participantes e un máximo de 35. No caso de ter máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu a presentación do libro De la Habana ha venido un Barco, de Marita de la Figuera. Un acto que uniu literatura e historia na representación institucional da Xunta na capital.Durante a presentación, Luis E. Ramos puxo en valor a oportunidade de acoller a presentación dunha obra “que afonda nun período clave da historia de Galicia, marcado pola emigración de finais do século XIX e comezos do XX”. Ramos fixo referencia tamén ao carácter de ida e volta da emigración galega, destacando que "moitos daqueles emigrantes regresaron e, nun…
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou a exposición de pintura Nada é fráxil… Ricardo Segura Torrella, unha mostra concibida como homenaxe ao artista ferrolán no 25 aniversario do seu pasamento. Durante a inauguración, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, sinalou que a mostra permite achegarse “á pegada dun artista con maiúsculas e a un veciño ilustre de Ferrol”. Ramos definiu tamén a súa obra como “trazos enérxicos, no que destacan as cores cálidas e vivas”. Natural de Ferrol, Ricardo Segura Torrella foi unha das figuras máis singulares da pintura galega do século…
A Casa de Galicia en Madrid acolle desde hoxe a exposición Perseguindo a Borraxeira, da fotógrafa Cris Romero. A mostra propón un percorrido visual polo litoral galego a través da néboa, un fenómeno natural profundamente vencellado á identidade paisaxística e cultural de Galicia.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, destacou durante a inauguración que a obra de Cris Romero “invita a soñar, a viaxar e a descubrir Galicia”, conectando coa vocación da Casa de Galicia de achegar o territorio galego ao público madrileño. Ademais resaltou que a cultura galega ten preto dunha…