Notas de prensa
A Xunta celebrou hoxe por primeira vez en Madrid unha xornada de encontro entre diferentes startups participantes na sétima edición da aceleradora BFAero e noutras convocatorias anteriores —Kreios, Aguia e Vig-Sec Drone— e un total de 18 fondos de capital risco interesados no potencial do ecosistema aeroespacial galego.Na apertura da xornada, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, deu a benvida aos asistentes e destacou o papel da institución como ponte entre Galicia e Madrid e como espazo para impulsar a proxección económica da Comunidade. Neste sentido, sinalou que "Galicia…
A Casa de Galicia en Madrid converteuse hoxe no punto de encontro entre os representantes das diferentes institucións situadas no Barrio dos Jerónimos con motivo da presentación do caderno de debuxos Arquitectura residencial do barrio dos Jerónimos. Paisaxe da Luz de Madrid, unha obra do arquitecto do Estado xa retirado José María Plaza Escrivá.No encontro participou o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, xunto con representantes das distintas institucións asentadas neste emblemático enclave madrileño, declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO como parte da Paisaxe da Luz.…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o acto de nomeamento da presidenta do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Isabel Perelló Doménech, como membro de honra de IURISGAMA, a Asociación de Xuristas Galegos en Madrid.O acto reuniu na sede institucional da Xunta de Galicia na capital representantes do ámbito xurídico, académico e institucional, encabezados polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso; o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos ; e o presidente de IURISGAMA, Carlos Lema Devesa.Na súa intervención de apertura, Luis…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Ribeiro–Carballiño, unha iniciativa destinada a impulsar un modelo turístico sustentable baseado na valorización dos recursos naturais, patrimoniais, culturais e enogastronómicos deste territorio ourensán. O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, destacou a importancia de promover un turismo sustentable e ordenado que contribúa á conservación do territorio e á xeración de oportunidades económicas. Neste sentido, subliñou que “a Xunta aposta por poñer en…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Andrés do Barro, a xénese do pop en galego, do investigador e divulgador musical Fernando Fernández Rego, unha obra que afonda na vida, na traxectoria artística e na relevancia histórica dun dos grandes referentes da música galega contemporánea. O acto, organizado en colaboración coa Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA), contou coa participación do autor; de Andrea Lapique, filla do cantante; e do músico Manoele de Felisa.Durante a súa intervención, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos,…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Unha historia de superación, de Marisol Bravos, unha obra que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e na que a autora comparte a súa experiencia vital, marcada pola poliomielite e pola súa loita constante por superar as barreiras físicas e sociais que durante anos condicionaron a vida de moitas persoas con discapacidade.Durante a súa intervención, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, puxo en valor o carácter inspirador da obra e destacou a capacidade de Marisol Bravos para transformar unha historia…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación da terceira edición do Camiño de Santiago dos Peregrinos de Marte, unha iniciativa impulsada pola asociación sen ánimo de lucro Los Peregrinos de Marte que permite a familias con fillos con discapacidade intelectual vivir xuntas a experiencia da peregrinación a Santiago de Compostela.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación de representantes da asociación Peregrinos de Marte, da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA), de DisCamino e das entidades colaboradoras…
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou esta mañá a exposición Nicolás Muller en Galicia, unha mostra promovida pola Fundación Cidade da Cultura que achega ao público unha selección de fotografías realizadas polo recoñecido fotógrafo documental Nicolás Muller durante as súas viaxes a Galicia na década de 1960.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez; do comisario da exposición, José Ferrero; e de Ana Muller, filla do fotógrafo.Durante a súa…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá a presentación de Mindtech 2027, a feira industrial e tecnolóxica de referencia do Polo Ibérico, que celebrará a súa próxima edición en Vigo do 27 ao 29 de abril de 2027.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación de representantes da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME), entidade organizadora dun certame que se consolidou como un dos principais espazos de encontro para a industria, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico do noroeste…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación do libro Hablar es un placer. Oratoria efectiva para transformar con alma, da xornalista, doutora en Ciencias da Información e consultora en comunicación Pilar Falcón.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou tamén coa participación da avogada, Mercedes de Parada Rodríguez, e da política galega, Emma López.Durante a súa intervención, Luis E. Ramos destacou a importancia da palabra como ferramenta de comunicación, acompañamento e conexión persoal e profesional, ao tempo que puxo en valor o…