Cursos de Lingua e Cultura Galegas na Casa de Galicia
A Casa de Galicia en Madrid convoca, con carácter gratuíto, os cursos de Lingua e cultura galegas I e II para o curso 2026/2027.
📌 PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 18 ao 28 de setembro de 2026, ambos incluídos.
📝 COMO INSCRIBIRSE
As persoas interesadas deberán cubrir a os formularios correspondentes dispoñibles a continuación para descargar.
As solicitudes poderán presentarse:
📍 Presencialmente, no Rexistro da Casa de Galicia en Madrid
C/ Casado del Alisal, nº 8, Madrid
🕘 De luns a venres, de 9,00h. a 14,00h.
📧 Por correo electrónico:
rexistrocasagalicia.madrid@xunta.gal
En ambos os casos, a solicitude deberá estar debidamente cuberta e presentada dentro do prazo establecido.
ℹ️ Os cursos son presenciais, teñen unha duración total de 70 horas e a asistencia ás clases é obrigatoria. Poderán solicitar a súa participación as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran durante o ano natural da convocatoria.
O número mínimo de participantes por curso será de 10 persoas e un máximo de 30. No caso de superar o número de solicitudes, a selección realizarase por rigorosa orde de entrada no rexistro.
🗓️ DATOS DOS CURSOS
LINGUA E CULTURA GALEGAS I
📅 Do 6 de outubro de 2026 ao 22 de xuño de 2027
📆 Todos os martes lectivos
🕥 De 10,30h. a 12,30h.
LINGUA E CULTURA GALEGAS II
📅 Do 8 de outubro de 2026 ao 24 de xuño de 2027
📆 Todos os xoves lectivos
🕥 De 10,30h. a 12,30h.