A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de "Hijo de la roca y el fuego", a nova novela de Jacinto Ruíz

Notas de prensa
07/02/2026
07/02/2026
02/07/2026

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de "Hijo de la roca y el fuego", a nova novela de Jacinto Ruíz

Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación de Hijo de la roca y el fuego, a nova novela do xornalista e escritor Jacinto Ruíz, nun acto presidido polo director da institución, Luis E. Ramos, e que contou coa participación da presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia, María Méndez. A obra traslada ao lector ata hai 40.000 anos para construír un relato no que a investigación histórica e a ficción se unen para reflexionar sobre cuestións profundamente humanas.

Durante a súa intervención, Luis E. Ramos destacou a traxectoria profesional de Jacinto Ruíz e puxo en valor o rigor co que preparou esta publicación, lembrando que "para recrear ese mundo, Jacinto non se limitou a documentarse, senón que chegou a estudar Prehistoria para coñecer en profundidade a época sobre a que ía escribir". Así mesmo, subliñou o compromiso da Casa de Galicia coa difusión da cultura galega, lembrando que a institución é "un lugar de encontro para a nosa cultura e un espazo onde os autores galegos poden compartir a súa obra co público de Madrid", contribuíndo á proxección da creación literaria galega na capital de España.

02 Xullo 2026
Notas de prensa