Notas de prensa
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe o acto de inauguración da exposición Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. Galicia, Portugal, América, unha mostra que pon en valor o legado de intérpretes galegas que acadaron proxección internacional ao longo da historia.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, foi o encargado de abrir o acto cunha intervención na que deu a benvida aos asistentes e destacou o papel desta institución como “o mellor altofalante posible da nosa lingua e da nosa cultura en Madrid, así como escaparate das nosas empresas, economía e turismo”. Ramos…
A música será a gran protagonista na Casa de Galicia en Madrid durante o mes de maio. A exposición Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. Galicia, Portugal e América ocupará as salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro. Esta mostra, patrocinada pola Secretaría Xeral da Emigración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, fai un percorrido polas voces galegas máis salientables da lírica. A coruñesa Benita Moreno, considerada a introdutora do canto rossiniano na madrileña, abre esta exposición que remata coas irmáns Ángeles Ottein e Ofelia Nieto, sopranos de gran éxito…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Ultreia no Camiño Inglés: A misión do Ara Solis, da escritora Branca Vilela, unha novela xuvenil bilingüe en galego e castelán que convida a percorrer o Camiño de Santiago a través da ficción.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, durante a súa intervención salientou que o Camiño de Santiago “é historia, é cultura, é riqueza de Galicia e patrimonio da Humanidade”, subliñando a súa relevancia como un dos principais elementos de proxección internacional da comunidade.Ramos referiuse tamén á proximidade do…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a presentación da obra Los grandes vinos gallegos: originalidad e historia, de Xavier Castro, nun acto que reuniu a destacadas figuras do ámbito cultural e gastronómico.O encontro estivo presidido polo director da institución, Luis E. Ramos, quen deu a benvida aos asistentes e puxo en valor o papel da Casa de Galicia como espazo de promoción da cultura galega na capital de España. Neste sentido, lembrou que só no último ano acolleu a presentación dunha vintena de libros, consolidándose como un punto de…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación da XVIII edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, unha iniciativa cultural que se celebrará desde esta fin de semana ata o mes de setembro nesta parroquia do concello de Covelo (Pontevedra).Durante a súa intervención, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos destacou que este ciclo “non é só unha cita coa música, senón tamén un encontro coa memoria, coa identidade e cunha forma moi especial de entender a cultura desde o local cara ao universal”. Neste sentido, puxo en valor a capacidade de iniciativas como…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do libro Poden pensar as máquinas?, do científico Senén Barro, nun acto no que participaron o director da institución, Luis E. Ramos, o propio autor e o editor da obra, Henrique Alvarellos.Durante a súa intervención, Ramos destacou a traxectoria de Senén Barro, doutor en Física e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial, así como o seu labor como exreitor da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega de Ciencias, subliñando que “estamos ante unha auténtica autoridade académica no ámbito da…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe un encontro institucional con representantes do corpo diplomático de 21 países que formarán parte da Comisión da Unesco que avaliará o vindeiro mes de xullo a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. No acto participaron o director da institución, Luis E. Ramos, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o ministro de Cultura, Ernest Urtasun.Ramos foi o encargado de dar a benvida ao asistentes e convidounos a descubrir a Ribeira Sacra como “un lugar para sentir, experimentar e namorarse dunha paisaxe única”, destacando…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, salientou o bo momento que está a vivir o sector do libro en lingua galega grazas a escritores, editores, bibliotecas e empresas.No acto de presentación do libro Alén da frol do tempo, de Abel Veiga Copo, o titular do Executivo galego afirmou que é unha satisfacción poder desfrutar e aprender dun gran escritor caracterizado pola súa natureza didáctica.Nesta liña, o presidente referiuse ao autor como exemplo dunha Galicia…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta mañá a presentación da xira de concertos de Amancio Prada, organizada con motivo do 50 aniversario da publicación do seu emblemático disco Rosalía de Castro (1975).Durante a súa intervención, Luis E. Ramos, destacou a profunda vinculación de Amancio Prada coa figura de Rosalía de Castro, lembrando que “o seu primeiro contacto coa autora remóntase á súa mocidade, cando, con apenas 17 anos, sentiu por primeira vez a morriña e a emoción a través dos seus versos”. Así mesmo, subliñou a estreita relación do artista coa Casa de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participou nun dos actos do IX Congreso de Editores de Europa, América Latina e o Caribe, un foro internacional que xunta directivos, editores e responsables dalgúns dos principais medios de comunicación do espazo iberoamericano e europeo.Na súa intervención, Ramos puxo en valor o potencial de Galicia como destino turístico, cultural e gastronómico, que se verá reforzado coa celebración do Xacobeo 2027, “unha oportunidade histórica para darlle un novo pulo internacional á marca Galicia Calidade”.O director referiuse ao Camiño de Santiago…