Notas de prensa
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Vida de Rosalía de Castro, escrito por María Luisa Maillard. A obra é a entrega número 45 da colección de biografías que a editorial Eila publica en colaboración coa Asociación Matritense de Mulleres Universitarias, co obxectivo de poñer en valor o papel histórico e cultural das mulleres máis destacadas.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, que subliñou a relevancia da figura homenaxeada: “Rosalía de Castro, a dama do Rexurdimento, foi unha muller valente que dignificou o galego como…
A sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta mañá a presentación da Festa da Rosa de Mos, un evento que pon en valor as tradicións locais, o patrimonio cultural e a capacidade de proxección exterior dos concellos galegos.O acto, presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, contou coa participación da alcaldesa de Mos e senadora, Nidia Arévalo; da ex presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; e do director da Vuelta Ciclista a España, Javier Guillén, entre outras autoridades e representantes do tecido asociativo.Durante a súa intervención, o director da…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá, na sala Emilia Pardo Bazán, o acto de presentación da Festa do Corpus Christi de Ponteareas, declarada de Interese Turístico Internacional e recoñecida como Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial.O evento contou coa participación do director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; o primeiro tenente de alcalde de Ponteareas e a concelleira de Turismo do municipio. Tamén asistiron os embaixadores de Xapón, Italia, Bélxica, así como o primeiro secretario da Embaixada de Malta.Durante a súa intervención…
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou hoxe a exposición Escenarios da Paixón, a María Casares, unha mostra de pintura que rende homenaxe á figura de María Casares, símbolo da paixón polo teatro e referente da historia cultural galega. As obras transportan ao público a distintos escenarios que evocan a intensidade vital e creativa da actriz, integrando emoción, memoria e arte. Escenarios da Paixón poderá visitarse desde o 3 ata o 29 de xuño nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro.Durante a inauguración, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, deu a benvida ás…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid os Concertos do Xacobeo 2025, unha iniciativa que considera clave para reflectir o modelo turístico e cultural polo que aposta Galicia: un turismo de calidade, sustentable e auténtico. Na presentación, que contou coa participación do alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, e o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, o presidente autonómico remarcou que “a música tamén é o Camiño” destacou que “esta Galicia de brazos abertos, esta Galicia na que non nos sobra ninguén e todo o mundo é benvido”…
A Sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación da obra El secreto de la Perfección, a nova novela da xornalista e escritora galega Lola Fernández Pazos. O acto contou coa participación de Javier García Vila, director da axencia Europa Press.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, presidiu o evento e subliñou a vinculación da obra con Galicia, sinalando que "con El Secreto de la Perfección, Lola sitúanos en Bueu, en Cangas, pero tamén aquí, en Madrid e en Uruguai, un dos destinos da emigración galega". Ademáis apuntou que "a novela achéganos á…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da primeira edición da feira vitivinícola Castes Madrid, unha iniciativa que busca reforzar a proxección dos viños galegos no mercado estatal, poñendo en valor a súa calidade e singularidade.O acto, presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, contou coa presenza do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; da deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra e alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; e do alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da FEGAMP, Alberto Varela, así como do…
A Casa de Galicia en Madrid, sede institucional da Xunta de Galicia na capital, foi escenario esta mañá da presentación da XII edición do Festival Bal y Gay, un dos eventos culturais máis relevantes do verán en Galicia. O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, e contou coa participación do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.Durante a súa intervención, o director da Casa subliñou que acoller esta presentación "é cumprir con dous dos principais obxectivos desta institución: a difusión da lingua e a cultura galegas, e a promoción turística de Galicia, unha…
Coincidindo coa celebración do Día do Libro, a Casa de Galicia en Madrid acolleu o relatorio Rosalía de Castro: escritora galega, escritora universal, organizado pola Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) e impartido por Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, profesor universitario e recoñecido investigador da obra rosaliana. No acto tamén participaron o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos; Horacio Rico, presidente de FAGAMA; e Sonia Cruz, filóloga e profesora de Lingua Galega na Casa de Galicia.Na súa intervención, Ramos destacou a gran achega de…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado; e do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu hoxe o acto de firma dun documento cos embaixadores de Colombia, Honduras, Ecuador e Paraguai, que recolle a vontade de colaboración en materia de emprego, formación e atracción de talento exterior.A través deste documento, Galicia plasma a súa vontade de traballar con países hispanoamericanos en facilitar pontes de oportunidades para o…