Notas de prensa
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe na Casa de Galicia en Madrid que a Xunta vai iniciar os trámites para abrir nas instalacións da representación do goberno galego na capital unha nova sede da Oficina Económica de Galicia coa previsión de que estea en funcionamento a mediados de 2025. O obxectivo, dixo, é “reforzar a captación de investimentos” para contribuír a implantación de empresas en Galicia.Lorenzana, que mantivo un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), subliñou que con isto, o Goberno galego da un…
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, avanzou hoxe na Casa de Galicia en Madrid que o Goberno galego desenvolverá no 2025 novas accións que contarán cun investimento de 1 millón de euros para potenciar a ferramenta EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia e casa oferta e demanda laboral co apoio da intelixencia artificial. Unha desas accións para avanzar con esta ferramenta pioneira en España…
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas reivindicou hoxe na Casa de Galicia en Madrid as políticas de vivenda e infraestruturas da Xunta. María Martínez Allegue participou nun acto con representantes das principais organizacións da construción e da arquitectura a nivel nacional no que estivo acompañada polo secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto.Martínez Allegue explicou que “estamos a construír xa a Galicia do futuro: máis humana, na que o acceso á vivenda digna e a un prezo accesible non sexa un problema, e unha Galicia mellor conectada" e…
A Casa de Galicia en Madrid acolle durante o mes de novembro unha importante colección de maquetas de barcos construídos nos estaleiros galegos. Na sala Emilia Pardo Bazán atópanse algúns dos modelos máis tecnolóxicos desenvolvidos pola industrial naval asentada na Ría de Vigo e Pontevedra.A exposición "Un mar de esforzo, talento e paixón", elaborada por PYMAR, sociedade que representa aos principais estaleiros privados españois, permite contemplar a maqueta do Sea Cloud Spirit, un cruceiro veleiro de tres paus construído por Metalships & Docks. Cos seus 138 metros de eslora atópase entre…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, anunciou hoxe, na súa visita á Casa de Galicia en Madrid, que o vindeiro 2025 a capital española acollerá as probas para a obtención dos certificados oficiais de lingua galega. Tal e como explicou, trátase dunha iniciativa “para continuar promocionando a lingua e a cultura galegas dentro e fóra da nosa Comunidade”.Deste xeito, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor “o compromiso do Goberno galego co acercamento do noso idioma a persoas doutros territorios a través da convocatoria destas probas Celga noutros…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a inauguración da programación do mes de novembro 'Capital Industrial. Galicia', dedicada á economía e á industria galegas. A exposición pretende ser unha aproximación á realidade económica e empresarial de Galicia. A sala principal do Palacio de Amezúa acolle a exposición 'O sector naval galego, un mar de esforzo, talento e paixón', con maquetas dalgúns dos buques construídos nos estaleiros galegos e que están á vangarda da construción naval.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, afirmou que "somos os mellores do mundo na…
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á estrea do documental 'Anduriña, muller de ida e volta' na Casa de Galicia en Madrid, unha peza dirixida por Cristina Pascual e producida por O Faiado Producións. A peza audiovisual recolle os testemuños de 15 mulleres do concello ourensán de Maceda, que compartiron as súas vivencias como emigrantes e as dificultades que enfrontaron na súa travesía de ida e volta entre Galicia e outros países.O acto contou tamén coa presenza do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, da directora do documental, Cristina…
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, anunciou esta tarde na Casa de Galicia en Madrid que a Xunta impulsará en 2025 a candidatura da oitava reserva da biosfera de Galicia. Esta reserva terá como núcleo o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, pero estenderá a súa área de influencia desde Porto do Son ata Baiona, sumando máis de 90.000 hectáreas, o 92% delas marítimas.Ánxeles Vázquez fixo este anuncio durante a súa conferencia sobre 'Patrimonio natural de Galicia, os nosos soutos e castiñeiros', dentro do programa de actividades '…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do primeiro conto da colección 'Lingoreta e Lingoreto', centrado na importancia da respiración. Esta é a primeira obra da logopeda galega Diana Lameiro, creadora dunha metodoloxía pioneira en logopedia e saúde mental baseada na súa propia experiencia. É, ademais, a primeira publicación da editorial Lingoreta, que desenvolveu tamén xogos pedagóxicos. Na presentación participou o xornalista e escritor Javier Sierra, premio Planeta 2017 por 'O lume invisible'. No coloquio coa autora, Sierra reflexionou sobre a importancia…
A Casa de Galicia en Madrid foi o escenario elixido polo ex presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo, Ramón Trillo, para a presentación do seu libro 'Una tercera apócrifa, diálogos de Cataluña y otros escritos profanos'. Baixo este título, o maxistrado galego reúne moitos dos artigos publicados en distintos medios nos últimos anos. Na presentación, presidida polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participaron o director da Real Academia Española, Santiago Muñoz Machado, e o presidente emérito do Tribunal Constitucional, Antonio Xiol Ríos. Ao acto asistiron…