Notas de prensa

A Casa de Galicia en Madrid acolleu este luns un acto de promoción da castaña galega, enmarcado dentro da programación do mes de outubro 'Toma castaña. Galicia'. O acto, dirixido a profesionais da hostalería, restauración e distribución gourmet, contou cun espazo de degustación de pratos e sobremesas elaborados con produtos da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia polo chef Miguel Fernández Vidal.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, estivo acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, e o presidente da…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu este serán o concerto de voz e piano de ARIMagritte e Mateo Sestelo, dous artistas galegos que actúan xuntos baixo o nome de MATgritte. Este proxecto intimista de voz e piano naceu hai uns meses, durante o verán, con cancións propias da cantante viguesa e pezas doutros artistas consagrados "por puro amor ás cacións".No recital da Casa de Galicia, ademáis dalgúns temas incluídos en Oráculo, o primeiro album de ARIMagritte, o dúo interpretou pezas de Mecano, Nena Daconte, Antonio Vega e Jarabe de Palo. O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos,…
A Casa de Galicia en Madrid acolle desde este xoves o programa de actividades 'Toma Castaña. Galicia', co que pretende poñer en valor este produto autóctono de calidade e que é un dos que protagoniza o outono galego. Na inauguración, o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, destacou a riqueza paisaxística e ambiental que achegan os castiñeiros na nosa comunidade e o atractivo turístico que representan. Ademais, avanzou algunhas das posibilidades gastronómicas da castaña e os seus derivados. Na mostra, que estará aberta ata o 30 de outubro, ademais da colección de castiñeiros…
Goyo González percorreu todos os camiños de Santiago que se estenden ao longo do mapa, e todos eles en máis dunha ocasión. Desta volta, e como xa é habitual, a súa peregrinaxe e a arte danse a man para crear a colección 'Camiño de Santiago francés en 360º, desde Saint Jean Pied de Port ata Fisterra'. Unha exposición que se inaugurou coa presenza do artista, acompañado do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos.A técnica que utiliza Goyo é curiosa, e é que as fotos non son tomadas cunha cámara 360º, senon que o artista toma aproximadamente 40 fotografías seguidas, virando sobre o…
Joaquín Moldes González (Sanxenxo, 1956) presentou na Casa de Galicia en Madrid, un total de 34 obras que conforman a súa exposición titulada 'Carreira de fondo'. Unha representación, como el di, de que a arte é a cura para moitos problemas.  No ano 2022 o artista afincado en Punxín (Ourense) foi diagnosticado coa enfermidade de Párkinson e xusto nese momento decidiu empezar a pintar. O seu obxectivo era exercitar a súa destreza manual, a cal se empezou a deteriorar debido á súa enfermidade.  Todos os materiais utilizados nas súas obras son reciclados 100%, e contan cunha…
A Casa de Galicia en Madrid acaba de estrear o seu perfil na rede social Instagram, ampliando así as canles de difusión das súas actividades. A través de @casadegaliciaenmadrid, os usuarios poderán coñecer as nosa programación dunha forma rápida e directa. Ademais, a Casa de Galicia prepara unha canle pública en Telegram que estará dispoñible nas próximas semanas.
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na entrega dos Premios anuais do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas do Centro (COITAC).“Recibir un premio é unha alegría; recibilo o nome dunha organización é unha honra;  facelo en nome da Xunta de Galicia é un privilexio. Se ademais o recoñecemento é froito de contribuír á mellor proxección nacional e internacional de Galicia, entón é unha alegría, unha honra e privilexio”, recoñeceu o director da Casa de Galicia en Madrid.A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas do Centro…
 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na entrega dos Premios Internacionais Rei de España de Xornalismo 2024, os máis prestixiosos do ámbito iberoamericano, dotados con 10.000 euros por categoría, o que os sitúa ao nivel dos Pulitzer.Os galardóns, aos que concorreron 293 candidaturas de 21 países do ámbito panibérico (Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Porto Rico, República Dominicana, Uruguai, Venezuela, Angola, Cabo Verde,…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na II edición da  Entrega de Premios Proxección de España, organizado polo xornal El Debate.Esta iniciativa, que chegou a comezos de 2023, é xa nunha referencia para a sociedade española. Desta maneira o medio recoñece a institucións e persoas que contribúan dunha forma relevante á proxección positiva de España no exterior.Telefónica, o xornalista Tunku Varadarajan e á Real Academia Española, foron galardoados neste encontro celebrado no hotel Four Seasons de Madrid.Un importante elenco de invitados, -con numerosas…
 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na proxección do da curtametraxe documental ‘Entre fíos e raíces'.As protagonistas da cinta, seis mulleres con idades comprendidas entre os 80 e 91 anos, narran como é a súa vida e as actividades que fan para manterse activas e ter un estilo de vida saudable. Todas estas mulleres, veciñas de Castrelo do Miño (Ourense), son valentes mulleres que contan as súas experiencias vitais, desde ter que emigrar e deixar a súa terra e aos seus, as súas vivencias de mozas, o retorno ás orixes... e o devir do presente.Ao acto de…