Notas de prensa
A Casa de Galicia en Madrid foi o escenario do evento gastronómico "Porco Celta: unha raza, infinitas elaboracións", organizado pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (ASOPORCEL).O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, que fixo referencia á importancia de manter e potenciar esta raza autóctona, destacando que "o Porco Celta é un exemplo claro da calidade e autenticidade que caracteriza os nosos produtos, un patrimonio que debemos protexer e fomentar".A carne do Porco Celta, ademáis da distinción "Raza autóctona 100%", está amparada polo…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o encontro "Talento Galego en Madrid", organizado pola asociación Más Debate e dirixido a mozos menores de 35 anos. Nesta xornada, presidida polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, participaron Carlos López-Quiroga, socio de Uría Menéndez Abogados, e Javier García Seijas, socio de EY España, que compartiron as súas experiencias e coñecementos cos asistentes.O director da representación institucional da Xunta lembroulles a todos os asistentes que “na Xunta de Galicia teñen un aliado” e animounos a soñar, a non renunciar a nada, tendo en…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o relatorio ‘IA A Coruña: a aposta da Coruña pola intelixencia artificial’, impartido pola profesora e expresidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial, Amparo Alonso Betanzos, e organizada pola Real Orde de Cabaleiros de María Pita.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, que durante a súa intervención fixo referencia á importancia da regulación galega sobre a Intelixencia Artificial e salientou que Galicia está marcando a diferencia nesta materia a nivel europeo. Ademáis resaltou que “…
A Casa de Galicia en Madrid volverá acoller as probas para a obtención dos certificados de lingua galega. Desde o próximo 10 de marzo e ata o día 28 estará aberta a inscrición destes exames. Todas as persoas que queiran inscribirse nas probas deberán cubrir o formulario de solicitude e abonar as taxas correspondentes. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida e as datas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia e nesta páxina web. Poderán atopar toda a información necesaria no Portal da…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a contribución da Universidade de Santiago para facer de Galicia un referente na investigación e transferencia de coñecemento e lembrou que se trata dunha institución histórica que é un emblema da identidade galega e embaixadora do que significa Galicia calidade por todo o mundo.O xefe do Executivo galego estivo acompañado polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos que destacou a labor que a USC leva facendo desde hai máis de cinco séculos, e abríu a porta a futuras actividades de ALUMNI USC na…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu este xoves a estrea da serie documental 'Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia'. Esta produción da Televisión de Galicia dirixida por Valentín Carrera narra a vida do misioneiro beneditino que naceu en Tui en 1814 e que deixou un importante legado.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, presidiu o acto nunha sala Emilia Pardo Bazán ateigada de público. Na presentación participaron o director de contidos da Corporación de Radiotelevisión de Galicia, Fernando Ojea; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Fundación…
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presentaron na Casa de Galicia de Madrid a obra 'El Camino de Santiago. El libro olvidado de 1965 de Álvaro Cunqueiro', da editorial Alvarellos, impulsada polo Goberno galego para enriquecer a biblioteca sobre temas do Camiño. Ambos puxeron en valor a experiencia e a perspectiva do Camiño de Santiago narrada por un dos grandes da literatura galega como foi Álvaro Cunqueiro.Durante a súa intervención, Ramos destacou a importancia de rescatar esta obra, "que caeu no esquecemento despois da…
A Casa de Galicia en Madrid acolle a convocatoria dos cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga) do nivel 2.As persoas interesadas poderán apuntarse a través do portal da Lingua Galega (desde o 10 ao 28 de febreiro). Os cursos son totalmente gratuítos e poden acceder a eles todas as persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.Todos os cursos terán un mínimo de 15 participantes e un máximo de 35. No caso de ter máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro.…
A Casa de Galicia en Madrid acolle desde hoxe a mostra itinerante 'José Rodríguez, o matemático de Bermés', unha iniciativa da Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Lalín na que se lle rende homenaxe ao científico dezano no marco do bicentenario do seu pasamento. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, inauguraron hoxe esta exposición nun acto no que tamén participaron o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu, esta tarde, a inauguración da exposición ‘Entroidos tradicionais. Provincia de Ourense’. A mostra pon en valor unha das celebracións máis auténticas e representativas da cultura popular galega: o Entroido. O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o acto. Na súa intervención, salientou que “o Entroido non é só un espectáculo visual e cultural, se non que tamén un motor de dinamización turística”. Da importancia dos entroidos en Galicia da conta o recoñecemento do de Xinzo de Limia como ‘Fiesta de Interés Turístico Internacional…