Notas de prensa
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu hoxe o acto de presentación do proxecto Aldealista, unha iniciativa de emprendemento e apoio ao medio rural que opta ao Gran Premio da Impact Social Cup, tras resultar finalista na categoría de Desenvolvemento Económico e Redución de Desigualdades.O responsable da representación institucional da Xunta en Madrid subliñou tamén que o desenvolvemento tecnolóxico e o emprendemento ligados á vida nas aldeas, á natureza e á alimentación saudable con produtos de quilómetro cero “tamén son Galicia Calidade” e incidiu en que “este…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu unha mesa redonda sobre Artesanía no Prato, unha iniciativa pioneira impulsada pola Xunta dende o ano 2013 co obxectivo de incorporar a Artesanía de Galicia aos menús de recoñecidos cociñeiros e cociñeiras. Este proxecto está conseguindo establecer sinerxías e colaboracións entre profesionais dos dous ámbitos. No relatorio participaron o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, a directora xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, a ceramista Ana Tenorio, do obradoiro Witchneeds (Vigo), e a comisaria e consultora de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta tarde a presentación do libro El cuarto vértice, de Carlos Moreno Lugrís, publicado por Hércules de Ediciones.Durante o acto, Ramos destacou que a novela “recupera as vidas de centos de mulleres que foron vilipendiadas polo chamado Patronato da Muller”. Engadiu que “a historia de Marina, marcada pola desgraza e pola inxustiza, contraponse á de Maruja, unha muller chea de éxito e privilexios, o que permite ao autor ofrecer un retrato lúcido das desigualdades e dos destinos condicionados pola época”. E resaltou tamén que “…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o relatorio Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, impartido por Xesús Domínguez Dono, director de Produción e Servizos Editoriais da editorial.Ramos destacou a relevancia de Editorial Galaxia e subliñou que “a cultura e as letras galegas non serían o mesmo sen a Editorial Galaxia”. O encontro, serviu para poñer en valor o legado dunha das institucións máis emblemáticas que naceu hai xa 75 anos, despois do pasamento doutro referente galego, Castelao.
A Casa de Galicia en Madrid acolleu o encontro Galicia, arquitectura de proximidade, unha actividade organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), no marco da Semana Internacional da Arquitectura de Madrid.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o acto acompañado polo director da XERA, Alfredo Fernández Ríos, e polo decano do COAG, Luciano González Alfaya, ademais do decano do Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid, Sigfrido Herráez, e outros profesionais do sector da arquitectura e…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, acompañado pola directora xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presidiu esta mañá a apertura ao público da mostra de fotografías e pezas de Artesanía no Prato. Esta iniciativa chega á representación institucional da Xunta de Galicia na capital da man da Fundación Artesanía de Galicia.Ramos describiu a mostra como “parte dun proxecto apaixonante” e salientou que “non só abonda con ter unha materia prima excelente, senón que tamén é fundamental o xeito no que se presenta, e aí é onde destaca Artesanía de Galicia”. O…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta tarde a presentación do libro El último maqui: vida y leyenda de Mario de Langullo, de Juan Carlos Alonso. Ramos resaltou o traballo do autor, que ademais da importante labor de documentación que levou a cabo, tamén “soubo ofrecer unha ollada honesta ao pasado” e narrar “unha época convulsa desde fóra das trincheiras ideolóxicas”.Ramos explicou que “en El último maqui Juan Carlos Alonso describe moitas paisaxes galegas, narra moitos costumes galegos e inclúe moitas expresións na nosa lingua”, un libro “moi galego…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a conferencia da comisaria e investigadora Estíbaliz Santamaría no marco da exposición Unha noite revelada. La Casa de la Troya 1925-2025, que conmemora o primeiro centenario da estrea na capital de España da película La Casa de la TroyaEstreada en 1925 e baseada na novela de Alejandro Pérez Lugín, La Casa de la Troya supuxo un fito na representación de Galicia a través do cinema, convertendo a Santiago de Compostela e á vida universitaria galega en referentes culturais de alcance nacional e internacional.Durante o acto o director da Casa de Galicia en…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a apertura do curso intensivo Creación de series que poidan viaxar, que se celebra ata o mércores no marco do programa European Writers Club, coa asistencia de oito guionistas galegos: Héctor Carré, Simón Casal, Ángel Filgueira, Lidia Fraga, Eva Pérez Misa, Anita Pico, Irene Pin e Fernando Tato. A súa participación canda a outros oito profesionais madrileños é froito da colaboración que a Xunta mantén con esta iniciativa europea, da que foi unha das entidades fundadoras, co fin de promover a colaboración internacional na xeración de contidos…
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, no Portal da Lingua Galega, e na páxina web da Casa de Galicia en Madrid.As probas desta segunda convocatoria do ano realizaranse tamén en Santiago de Compostela e en Ponferrada.As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.As persoas que desexen inscribirse nas probas…