Notas de prensa
A Casa de Galicia en Madrid xa conta coa primeira sede da Oficina Económica de Galicia que abre fóra da comunidade autónoma. Este novo punto de atención servirá tanto para prestar asesoramento ás empresas galegas que están radicadas na capital de España, como para captar novos investimentos.A Oficina Económica de Galicia é un novo servizo que botou a andar en 2024 co obxectivo de simplificar e desburocratizar a atención a empresarios e emprendedores, concentrando nunha mesma canle de atención todos os recursos de diferentes consellerías e organismos da Xunta. Ademais, a través dela ofrécese…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe o acto de presentación do proxecto Huttopia. Camiños de Galicia, unha iniciativa de turismo sostible. O encontro, celebrado na antesala da Feira Internacional de Turismo FITUR 2026, serviu para poñer en valor a relevancia estratéxica do turismo para Galicia, un sector que representa máis do 10 % do produto interior bruto galego.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, destacou que “FITUR é o gran escaparate dun sector clave para Galicia” e subliñou que a proposta turística galega “late con forza dende o máis fondo do seu corazón”. Neste…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o acto final do centenario do nacemento do escritor e xornalista coruñés Mariano Tudela, organizado en colaboración co Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid (UCM).Mariano Tudela, nado na Coruña en 1925, foi unha figura destacada do ámbito intelectual e cultural, cunha traxectoria vencellada ao ensino universitario, á reflexión literaria e á divulgación cultural. Ao longo da súa carreira contribuíu ao diálogo entre Galicia e Madrid, mantendo un compromiso constante coa difusión da cultura galega e coa formación de novas…
O director, Luis E. Ramos, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participaron nunha nova xornada do programa O Camiño do emprendemento musical que tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid. A cita reuniu profesionais da industria musical de referencia a nivel nacional e internacional que compartiron experiencias, talento e aspectos relacionados coas oportunidades de emprendemento neste sector. Todo co obxectivo de fomentar novas vocacións neste eido económico, consolidar o ecosistema, xerar sinerxías e…
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou hoxe a mostra Arte prerrománica en Ourense, unha proposta expositiva que permitirá ao público achegarse, durante case dous meses, á época prerrománica de Galicia. A iniciativa, organizada pola sede institucional da Xunta de Galicia en colaboración co Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, reúne unha selección de pezas singulares procedentes dos fondos do centro museístico ourensán.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, deu a benvida aos asistentes destacando que a sede institucional do goberno galego na capital do estado “volve ser ponte…
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou a Casa de Galicia en Madrid para coñecer de cerca a exposición Galicia, litoral máxico. Acompañada polo director da representación institucional do goberno galego na capital, Luis E. Ramos, a conselleira cualificou esta mostra como a mellor invitación para descubrir os valores ambientais, turísticos, socioculturais e económicos da costa galega.Durante o seu percorrido pola mostra, que se enmarca na exposición Galicia, naturalmente, Ángeles Vázquez puxo en valor as obras artísticas que a integran por plasmar á…
A Casa de Galicia en Madrid celebrou o Día internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller coa presentación do libro De madres a hijas. Recetas para no olvidar, unha obra que reivindica a memoria gastronómica e familiar como parte esencial do patrimonio cultural galego. O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación do secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez.Durante a súa intervención, Ramos salientou a importancia deste libro que "pon en valor a nosa cultura a través das historias cotiás transmitidas de…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu o acto de irmandamento e posta en valor da Mancomunidade de concellos do Camiño Francés e do Camiño de Santiago en Gran Canaria, unha iniciativa que reforza os lazos culturais e simbólicos entre Galicia e as Illas Canarias arredor da tradición xacobea.O encontro estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación da delegada do Goberno de Canarias en Madrid, Rosa Aguilar, do conselleiro de Deportes do Cabildo de Gran Canaria, Aridany Romero, e da presidenta da Mancomunidade de concellos galegos do Camiño…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá a inauguración da exposición Galicia, naturalmente, un proxecto expositivo que reúne dúas mostras complementarias dedicadas á posta en valor do territorio galego: Galicia litoral máxico. Asubíos, rompentes e cantigas e Ribeira Sacra, paisaje del agua. O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, e contou coa participación da directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula María Uría Traba.Durante a súa intervención, o director da Casa de Galicia en Madrid destacou que “ademais da exposición Galicia…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, presidiron esta tarde a presentación do Concerto Homenaxe a Milladoiro polo seu 45 anos, que tivo lugar na sala Emilia Pardo Bazán da sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid.Durante o acto, Ramos lembrou que “a música de Milladoiro leva acompañando moitos anos a vida dos galegos e galegas” e subliñou que o grupo “representa o mellor da tradición e tamén da modernidade da música galega”. Pola súa parte, Valentín García destacou que celebrar o 45 aniversario de Milladoiro “é…