A Casa de Galicia en Madrid reafirma o seu apoio á literatura galega coa presentación de "Non creo en máis vida ca esta"

Notas de prensa
03/17/2026
03/17/2026
17/03/2026

A Casa de Galicia en Madrid reafirma o seu apoio á literatura galega coa presentación de "Non creo en máis vida ca esta"

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da obra Non creo en máis vida ca esta, do escritor J. Benito Fernández, publicada por Editorial Galaxia e traducida ao galego por Perfecto Conde. 

Durante a presentación o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, destacou que esta presentación forma parte da programación cultural impulsada pola Xunta de Galicia, que ten entre as súas prioridades a promoción da lingua e da cultura galegas fóra da Comunidade. Neste sentido sinalou que “este libro é case como nós, estamos entre Galicia e Madrid”. Así mesmo, incidiu na importancia de manter vivos os vínculos coa colectividade galega na capital e coas asociacións que contribúen a preservar a cultura e as tradicións galegas.

O director agradeceu a asistencia do público e convidou aos presentes a seguir participando na programación da Casa de Galicia, reiterando o carácter aberto e acolledor da institución.

17 Marzo 2026
Notas de prensa
Imaxes