Turismo

A Casa de Galicia en Madrid conta cun punto de información de Turismo de Galicia para informarte sobre os atractivos turísticos da nosa comunidade; os seus espazos naturais e o seu patrimonio histórico-artístico. Tamén atoparás referencias sobre as  cidades, cultura, gastronomía, festas, tradicións e aloxamentos.

Aquí poderás asesorarte sobre as opcións que mellor se axustan ós teus gustos e  necesidades, por iso che ofrecemos atención personalizada. Se non dispós de tempo, a través desta web ofrecémosche a posibilidade de que accedas á información que necesitas para preparar a túa viaxe, ou ben nola solicites para que cha remitamos por correo.

Horario

  • Luns a xoves de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
  • Venres de 8:00 a 15:00 horas
  • Agosto: luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

Contacta con nós