A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro "José Barro. Fábrica de Chavín"

Notas de prensa
02/26/2026
02/26/2026
26/02/2026

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro "José Barro. Fábrica de Chavín"

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu a presentación do libro José Barro. Fábrica de Chavín, unha obra que recupera a figura dun dos pioneiros da industria do automóbil en España e pon en valor o legado empresarial e industrial galego.

Durante o acto, Ramos subliñou a importancia de difundir desde a Casa de Galicia aquelas iniciativas editoriais que contribúen a reforzar a memoria colectiva e a proxectar o talento da Comunidade máis alá das súas fronteiras. O director destacou a relevancia histórica de José Barro, exemplo de visión, iniciativa e capacidade innovadora, e sinalou que publicacións como esta permiten recoñecer traxectorias que axudaron a situar Galicia na vangarda industrial do seu tempo.

Ramos lembrou así mesmo que a Casa de Galicia en Madrid mantén as súas portas abertas a propostas culturais que afonden na historia económica e social de Galicia, consolidándose como punto de encontro e escaparate do talento galego na capital.

26 Febreiro 2026
Notas de prensa
Imaxes