Rueda destaca o bo momento da literatura galega na presentación do novo poemario de Abel Veiga

Notas de prensa
04/14/2026
04/14/2026
14/04/2026

Rueda destaca o bo momento da literatura galega na presentación do novo poemario de Abel Veiga

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, salientou o bo momento que está a vivir o sector do libro en lingua galega grazas a escritores, editores, bibliotecas e empresas.

No acto de presentación do libro Alén da frol do tempo, de Abel Veiga Copo, o titular do Executivo galego afirmou que é unha satisfacción poder desfrutar e aprender dun gran escritor caracterizado pola súa natureza didáctica.

Nesta liña, o presidente referiuse ao autor como exemplo dunha Galicia que non esquece as súas raíces e é talentosa e recoñecible en todo o mundo. Ademais, agradeceu o seu compromiso coa lingua galega, que definiu como un tesouro a coidar e preservar para futuras xeracións.

Rueda tamén tivo palabras tanto para os bos datos de lectura da nosa comunidade como ao momento de prestixio e proxección que está a vivir a cultura galega no seu conxunto.

14 Abril 2026
Notas de prensa
Imaxes