Convocadas as probas para a obtención dos certificados Celga na Casa de Galicia en Madrid

Notas de prensa
03/16/2026
03/16/2026
16/03/2026

Convocadas as probas para a obtención dos certificados Celga na Casa de Galicia en Madrid

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga). A Casa de Galicia en Madrid é una das sedes que acollerán a celebración dos exames para os niveis 2, 3 e 4 no mes de maio, nas datas que determine a Secretaría Xeral da Lingua. 

As persas interesadas deberán presentar a súa solicitude e aboar a taxa correspondente entre o 16 de marzo e o 8 de abril. Poderán facelo por vía electrónica neste formulario da sede electrónica da Xunta de Galicia. 

Poderán atopar toda a información necesaria no Portal da Lingua Galega ou chamando ao 91 595 42 28.

16 Marzo 2026
Notas de prensa
Imaxes