Nova convocatoria de cursos de preparación para a obtención de certificados de Lingua Galega
A Secretaría Xeral da Lingua impartirá na Casa de Galicia en Madrid os cursos preparatorios das probas para obter o certificado de lingua galega Celga 3.
As persoas interesadas poderán inscribirse a través do Portal da Lingua Galega entre o 12 de febreiro e o 4 de marzo. Os cursos son totalmente gratuítos e poden acceder a eles todas as persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que cumpran esta idade no ano natural da convocatoria.
Todos os cursos terán un mínimo de 15 participantes e un máximo de 35. No caso de ter máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro.
Para máis información poden poñerse en contacto coa Casa de Galicia en Madrid a través do 91 595 42 28 ou no Diario Oficial de Galicia.