Notas de prensa
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da última obra de Arturo Franco Taboada, O Camiño debuxado, un diario de viaxe no que se combinan ilustracións e unha contextualización histórica das rutas, lugares, edificios e da cultura gastronómica. O libro está organizado de xeito temático segundo os distintos itinerarios do Camiño de Santiago que o autor percorreu ao longo dos anos. Nas súas últimas páxinas, o libro inclúe tamén unha selección de receitas tradicionais e un breve diccionario de cociña do Camiño en Galicia.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, que presidiu o acto…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, inauguraron hoxe na Casa de Galicia en Madrid a exposición A Vía da Prata. Aires do Sur, unha mostra que reivindica o patrimonio cultural e histórico do Camiño de Santiago, a través da ollada dunha trintena de fotógrafos clásicos e contemporáneos. A mostra percorre 150 anos da historia da fotografía, desde pioneiros como Jean Laurent a J. Poujade, pasando por grandes figuras da primeira metade do século XX como José Suárez, Nicolás Muller ou Otto Wunderlich, ata…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación dos libros de Manuel Janeiro Nuevos cuentos tradicionales e La abeja preguntona. A primeira obra consta de 18 contos que viaxan desde o narrativo ao lírico e que unen os trazos máis tradicionais cos máis modernos. A abella preguntona é un álbum ilustrado que narra como unha pequena abella recolectora descobre o mundo que a rodea. Este libro infantil foi publicado orixinariamente en galego baixo o título A abella abesullona e agora chega a versión en castelán.Durante a presentación, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E.…
A Casa de Galicia en Madrid foi o escenario do evento gastronómico "Porco Celta: unha raza, infinitas elaboracións", organizado pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (ASOPORCEL).O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, que fixo referencia á importancia de manter e potenciar esta raza autóctona, destacando que "o Porco Celta é un exemplo claro da calidade e autenticidade que caracteriza os nosos produtos, un patrimonio que debemos protexer e fomentar".A carne do Porco Celta, ademáis da distinción "Raza autóctona 100%", está amparada polo…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o encontro "Talento Galego en Madrid", organizado pola asociación Más Debate e dirixido a mozos menores de 35 anos. Nesta xornada, presidida polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, participaron Carlos López-Quiroga, socio de Uría Menéndez Abogados, e Javier García Seijas, socio de EY España, que compartiron as súas experiencias e coñecementos cos asistentes.O director da representación institucional da Xunta lembroulles a todos os asistentes que “na Xunta de Galicia teñen un aliado” e animounos a soñar, a non renunciar a nada, tendo en…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o relatorio ‘IA A Coruña: a aposta da Coruña pola intelixencia artificial’, impartido pola profesora e expresidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial, Amparo Alonso Betanzos, e organizada pola Real Orde de Cabaleiros de María Pita.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, que durante a súa intervención fixo referencia á importancia da regulación galega sobre a Intelixencia Artificial e salientou que Galicia está marcando a diferencia nesta materia a nivel europeo. Ademáis resaltou que “…
A Casa de Galicia en Madrid volverá acoller as probas para a obtención dos certificados de lingua galega. Desde o próximo 10 de marzo e ata o día 28 estará aberta a inscrición destes exames. Todas as persoas que queiran inscribirse nas probas deberán cubrir o formulario de solicitude e abonar as taxas correspondentes. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida e as datas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia e nesta páxina web. Poderán atopar toda a información necesaria no Portal da…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a contribución da Universidade de Santiago para facer de Galicia un referente na investigación e transferencia de coñecemento e lembrou que se trata dunha institución histórica que é un emblema da identidade galega e embaixadora do que significa Galicia calidade por todo o mundo.O xefe do Executivo galego estivo acompañado polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos que destacou a labor que a USC leva facendo desde hai máis de cinco séculos, e abríu a porta a futuras actividades de ALUMNI USC na…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu este xoves a estrea da serie documental 'Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia'. Esta produción da Televisión de Galicia dirixida por Valentín Carrera narra a vida do misioneiro beneditino que naceu en Tui en 1814 e que deixou un importante legado.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, presidiu o acto nunha sala Emilia Pardo Bazán ateigada de público. Na presentación participaron o director de contidos da Corporación de Radiotelevisión de Galicia, Fernando Ojea; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Fundación…
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presentaron na Casa de Galicia de Madrid a obra 'El Camino de Santiago. El libro olvidado de 1965 de Álvaro Cunqueiro', da editorial Alvarellos, impulsada polo Goberno galego para enriquecer a biblioteca sobre temas do Camiño. Ambos puxeron en valor a experiencia e a perspectiva do Camiño de Santiago narrada por un dos grandes da literatura galega como foi Álvaro Cunqueiro.Durante a súa intervención, Ramos destacou a importancia de rescatar esta obra, "que caeu no esquecemento despois da…