A Casa de Galicia en Madrid presenta o libro “Unha Historia de Superación", de Marisol Bravos

Notas de prensa
06/15/2026
06/15/2026
15/06/2026

A Casa de Galicia en Madrid presenta o libro “Unha Historia de Superación", de Marisol Bravos

A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Unha historia de superación, de Marisol Bravos, unha obra que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e na que a autora comparte a súa experiencia vital, marcada pola poliomielite e pola súa loita constante por superar as barreiras físicas e sociais que durante anos condicionaron a vida de moitas persoas con discapacidade.


Durante a súa intervención, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, puxo en valor o carácter inspirador da obra e destacou a capacidade de Marisol Bravos para transformar unha historia persoal de dificultades e esforzo nunha mensaxe de esperanza e compromiso social. Así mesmo, subliñou os avances acadados nas últimas décadas en materia de inclusión e accesibilidade, lembrando que moitas das barreiras máis difíciles de superar non eran físicas, senón consecuencia dos prexuízos e das limitacións impostas pola sociedade. Neste contexto, salientou tamén a importancia de seguir construíndo espazos accesibles e igualitarios que garantan a plena participación de todas as persoas.
 

15 Xuño 2026
Notas de prensa
Imaxes