A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro "El sueño inmortal de Rogelio Groba"
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro El sueño inmortal de Rogelio Groba, do autor Javier Álvarez Vizoso, unha obra centrada na vida, na traxectoria e no legado musical do compositor galego Rogelio Groba.
O acto desenvolveuse nun formato de conversa no que participaron o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos; Rogelio Groba Otero; e o xornalista de Prisa Media Gonzalo Teubal.
Durante o encontro abordouse a dimensión humana e artística de Rogelio Groba, así como a súa contribución á música galega contemporánea e o valor do seu legado cultural.
A presentación permitiu tamén reflexionar sobre a memoria musical de Galicia e sobre o papel da creación artística como elemento de identidade e transmisión cultural.
Con iniciativas como esta, a Casa de Galicia en Madrid continúa reforzando o seu compromiso coa difusión da cultura galega e coa posta en valor das figuras fundamentais do patrimonio cultural de Galicia