A Casa de Galicia en Madrid presenta a XX edición do Outono Gastronómico

Notas de prensa
09/18/2026
09/18/2026
18/09/2026

A Casa de Galicia en Madrid presenta a XX edición do Outono Gastronómico

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, presentaron hoxe na sede institucional da Xunta en Madrid a XX edición do Outono Gastronómico, unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración coa Federación de Turismo Rural de Galicia, que cumpre dúas décadas de traxectoria.

O programa desenvolverase do 18 de setembro ao 20 de decembro e contará coa participación de 71 establecementos de turismo rural das catro provincias galegas, con propostas que combinan gastronomía e aloxamento, menús, escapadas de fin de semana e a modalidade Outono Plus, que incorpora actividades como sendeirismo, paseos a cabalo, surf, visitas a adegas e experiencias na natureza.

Ao longo destes vinte anos, a iniciativa reuniu arredor de 110.000 participantes e xerou máis de 7,3 millóns de euros para o tecido turístico galego, consolidándose como unha proposta que contribúe á promoción do turismo rural e á desestacionalización da actividade turística en Galicia.

18 Setembro 2026
Notas de prensa
Imaxes