A Casa de Galicia presenta "La vuelta a Galicia en 80 pedaladas", de Justo Jorge

Notas de prensa
10/14/2026
10/14/2026
14/10/2026

A Casa de Galicia presenta "La vuelta a Galicia en 80 pedaladas", de Justo Jorge

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación de La vuelta a Galicia en 80 pedaladas, do autor Justo Jorge, unha obra que propón un percorrido de 2.400 quilómetros para descubrir a comunidade galega sobre dúas rodas. O libro combina o cicloturismo co coñecemento das paisaxes, as localidades e o patrimonio galego, ofrecendo unha nova forma de achegarse á riqueza e diversidade do territorio.

Cun itinerario que comeza e termina en Ribadeo, a publicación convida a explorar Galicia a través dos seus camiños e enclaves, poñendo en valor os seus recursos naturais, culturais e turísticos. Con iniciativas como esta, a Casa de Galicia, como representación institucional da Xunta de Galicia en Madrid, continúa traballando na difusión da cultura galega e na promoción de Galicia como destino turístico.

14 Outubro 2026
Notas de prensa
Imaxes