Hoxe
--
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
José Mª Gasalla, conferenciante, escritor e profesor de Deusto Business School, é enxeñeiro aeronáutico e Doutor en C. Económicas e Empresariais. É autor de moi diversas publicacións entre as que destacan os libros: "Márketing para la formación de Directivos”, “La dirección y desarrollo de personas”, “Confianza. La clave del éxito personal y empresarial”, “Quien lidera confía”, “Asunto: Confianza y Compromiso”, “Ganar Confianza: Coaching para un adolescente”, “El nuevo Liderazgo” e “Empréndela contigo mismo desde la confianza”.
O libro que presenta na Casa de Galicia en Madrid, "La nueva…
Con motivo do 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, Amelia Palacios elaborou unha mostra homenaxe á súa figura e obra centrada nos proxectos desenvoltos en Madrid por este xenial arquitecto galego. A Amelia Palacios únelle, ademais do apelido, un profundo agarimo e admiración cara á súa figura, xenial creador, a dun home visionario, orixinal, responsable da modernización da capital e defensor, ao mesmo tempo, do estilo rexionalista galego.
Todos os debuxos da exposición foi realizados ao longo da última década, en diversas técnicas e formatos. Son apuntamentos,…
Un conxunto de acuarelas e óleos conforman esta mostra que se inaugura o 4 de setembro, onde José Mª de Urda, profesor de debuxo e pintura xa retirado, dá a coñecer os recunchos máis significativos da Coruña así como doutros lugares de Galicia. Paisaxes rurais, urbanos e mariñas nos que destaca o gran dominio da cor e un impecable estudo da perspectiva.
Esta exposición poderá visitarse ata o 29 de setembro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Andaluz de nacemento (Xaén, 1949), reside na Coruña desde 1972. Mestre de Ensino Primario e Licenciado en…
Cuba entrou na historia de Occidente da man de España. Falar da historia de ambas as nacións supón mencionalas indistintamente no que foi unha simbiose cultural de indubidable presenza no tempo. Esta exposición, composta por catorce óleos, parte desta intención argumental, onde a historia de Cuba e Galicia comparten espazos. Julio Lorente pretende realizar un repaso anecdótico e metafórico pola memoria compartida de dous territorios que o tempo e a historia relacionaron. A mostra poderá contemplarse na sala "Álvaro Cunqueiro", en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14…
A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquietude artística individual e colectiva da mocidade galega, convoca anualmente o programa "Xuventude Crea", un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación. Este certame comezou a súa andaina en 2010 coa denominación "Xuventude Crea".
"Xuventude Crea" pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas dá…
Disco solidario cuxa recadación se destinará integramente a Unicef, co obxectivo de axudar aos nenos do terceiro mundo.
Valse, merengues, bachatas e un amplo repertorio de ritmos e estilos variados no que se mestura o serio e o divertido forman este traballo musical do músico galego Miguel, que tivo para iso a colaboración doutros nove artistas: Alberto Cuña, José Costas (autor do conocidísimo tema ‘Como baila Carmiña’), Juancho o Charro (cofundador do Dúo Gala), Mar Davila, Sabela, Olalla de Hoyos, Marietta, Moita e Nucha e a eurovisiva Lucía Pérez.
Miguel Martínez é un músico autodidacta…
al
"O Galiverso empeza aquí" é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural etc.) dunha maneira diferente. Sen saír da Casa de Galicia, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, mirar A Coruña desde o alto desde a lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias.
Hai lugares que só se poderán visitar entrando no Galiverso, como a Cripta do Apóstolo, —pechada ao…
Participarán no acto de presentación: o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano López; Dominique Roujou de Boubee, de Terroir en Botella; e Laura Rodríguez Herrera, editora.
Mariano Fisac xa se propuxo ensinarnos a beber bos viños sen arruinarnos desde o seu blogue, Mileurismo gourmet. Agora, desde as páxinas deste libro, deléitanos mostrándonos unha Galicia de uvas e viñedos que devolven o respecto á terra, producindo viños que espertan todos os sentidos antes de chegar ao padal. Este libro está dirixido a quen quere apreciar e gozar o viño sen grandes aparatos. Inclúe na súa…
Intervirá na presentación Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid; Mª Fátima García Doval, xefa de Servizo de Coordinación Estratéxica e Innvación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; e Manuel Vila López, secretario xeral Técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O acto finalizará cunha demostración desta experiencia virtual.
"O Galiverso empeza aquí" é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio…
Na conferencia participarán, ademais do fillo de Camilo José Cela, o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano López, e o editor de Ediciones 98, Jesús Blázquez González.
A conferencia de Camilo José Cela Conde versará sobre as novas edicións das obras do seu pai, Camilo José Cela, por parte de Edicións 98. Esta editorial está a publicar a obra de diversos autores galegos, como Wenceslao Fernández Flórez, Álvaro Cunqueiro e Elena Quiroga, e teñen tamén un especial interese en reivindicar á figura de Camilo José Cela publicando as súas obras máis descoñecidas: "Páginas de…