Charla-coloquio "Cela por Cela. O Cela viaxeiro máis descoñecido", por Camilo José Cela Conde
Na conferencia participarán, ademais do fillo de Camilo José Cela, o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano López, e o editor de Ediciones 98, Jesús Blázquez González.
A conferencia de Camilo José Cela Conde versará sobre as novas edicións das obras do seu pai, Camilo José Cela, por parte de Edicións 98. Esta editorial está a publicar a obra de diversos autores galegos, como Wenceslao Fernández Flórez, Álvaro Cunqueiro e Elena Quiroga, e teñen tamén un especial interese en reivindicar á figura de Camilo José Cela publicando as súas obras máis descoñecidas: "Páginas de geografía errabunda" e "Balada del vagabundo sin suerte y otros apuntes de viaje".
21 Xuño 2023
Eventos