Hoxe
--
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
O documental é un proxecto con máis de dous anos de investigación no que se quere poñer o foco de atención do público nunha dos roteiros máis relevantes do Camiño de Santiago, que quedou inxustamente relegada nos últimos anos e que se está tentando recuperar con este proxecto.
Este relato audiovisual, dirixido a un público interesado na cultura de Galicia e o relato do Camiño de Santiago, ten como obxectivo dar a coñecer dunha maneira diferente e orixinal aspectos tanto socioeconómicos como culturais relacionados coa vía do Camiño de Santiago dentro e fóra das fronteiras de Galicia.
O…
A exposición, elaborada por Mª Susana Peleteiro Fernández, consta de 40 bonecas con traxes de diferentes épocas, comarcas e usos sociais (traxes de traballo, traxes de ir á feira, traxes de gala ou garda, un traxe de danza cerimonial...); os textos, nos que se fai un percorrido pola historia do vestir tradicional e da representación gráfica dos traxes populares, que condicionou o concepto que deste aspecto do noso patrimonio tívose e tense; fotografías antigas de traxes ou pezas de traxes vestidos polos nosos devanceiros e algunhas pezas de vestir e útiles usados no proceso da confección dos…
Estarán presentes no acto: Mónica Tomei Rey, secretaria da Asociación Filloas de Pedra da Baña; José Manuel Mallón Ardións, cociñeiro profesional e membro da asociación; e José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello da Baña.
Tras anos de traballo de maneira voluntaria en prol da filloa da pedra, creouse a Asociación Filloas da Pedra da Baña. Esta asociación recolleu a tradición de cociñar sobre unha pedra un produto tan galego como son as filloas, costume que os veciños da Baña conservaron ao longo de moitos anos, convertendo en arte a elaboración dunha masa de auga, fariña ovos e…
No acto de presentación, o autor estará acompañado polo economista, Miguel Marías; polo xornalista, Raúl Santidrián; e polo editor, Xabier Romero.
Despois do éxito do seu primeiro traballo, "Al servicio del rey Carlos", o autor cambia de rexistro para contar unha historia turbadora e sombría ambientada en Vigo no ano 1983, que nos conta as aventuras de Gonzalo Calderón, un xornalista treinteañero, director dun xornal recentemente creado, con múltiples problemas persoais e profesionais, ao cal lle aparece a posibilidade de investigar unha noticia baseada nas atrocidades cometidas por unha…
O acto constará de dous partes: unha conferencia e unha cerimonia de nomeamento de novos membros de diferentes ámbitos.
Na presentación e conferencia intervirán Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, que dará a benvida en nome do presidente da Xunta de Galicia; Pilar Falcón, académica de número da Academia Xacobea, que actuará de "mestra de cerimonia"; José Cerdeira, presidente da Asociación Cultural da Vieira; Blanca G. Albalat, profesora de Historia, que pronunciará a conferencia "O celtismo e o Camiño de Santiago"; e Gonzalo Ruiz-Zapatero, catedrático de Arqueoloxía da UCM,…
Neste libro aparecen os 12 protagonistas da primeira tempada da súa webserie homónima, todos eles persoas maiores do rural con vidas inspiradoras, como a da arzuá Cecilia Camiño (a de Manoliño), a do santiagués Cándido Pazos, ou a de Pilucha e Juan da taberna Ou Piolo (en Gonte, Negreira). A publicación é unha homenaxe ás mentes creativas e nela trata de trasladar todo o que sentiu ao entrar nestes fogares, dando voz á experiencia e deténdose nos valores que neles transmítense.
RUBÉN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ (Riós, 1980). Actor, director, produtor, ideólogo e activista social, coñecido…
Esta mostra ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a única raza porcina autóctona galega, así como os seus produtos derivados e o labor desenvolto polos homes e mulleres que loitan cada día pola súa recuperación.
Intervirá no acto José Barreira Alonso, presidente de ASOPORCEL.
Ao finalizar a presentación, ofrecerase aos asistentes unha degustación de produtos derivados da raza Porco Celta.
Ás portas de celebrar o medio cuarto de século de traballo, desde a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), ponse en marcha unha mostra fotográfica itinerante na que se narra…
Na presentación acompañarán ao autor, Pedro García Cuartango, Lucía Taboada e Luis Meana.
Este libro é unha longa crónica xornalística, física e emocional, que pretende descubrir se tras unha ausencia de máis de 40 anos queda algo da Galicia que era e o neno que foi. Trátase de 28 artigos publicados cada semana no suplemento O Domingo da Opinión A Coruña e oito inéditos. O xornalista e escritor Alfonso Armada relata en cada un deles a súa visión de Galicia. Están Estaca de Bares, Ferrol, A Coruña, Santiago, Noia, Samos, Ribadavia, O Carballiño, Vilagarcía, Bueu, San Simón, Vigo...
Unha obra…
O escritor nedense, Vicente Araguas, presenta no seu último libro de contos, «O lugar onde vou», editado por Galaxia.
No acto o autor estará acompañado polo escritor Manuel Pereira Valcárcel.
Araguas aborda no seu libro a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable. Fala do medo e dos bares onde cando nada pasa, todo pasa, das casas grandes que miran, sen poder facer nada, como as mulleres se decuelgan dos cadros, de parellas de distintas idades que falan de raíñas consumidoras compulsivas de arroz con leite
Araguas bota a andar unha…
A Federación de Asociacións Galegas en Madrid organiza un acto "Homenaxe da galeguidade" en memoria de D. José Ramón Ónega López, director da Casa de Galicia en Madrid; D. Ovidio Cadenas Queipo, presidente de FAGAMA e da Xuntanza de Galegos en Alcobendas; e D. Miguel Romay Graña, presidente do Centro Galego da Serra de Madrid e vicepresidente de FAGAMA.
Participarán no acto: o director da Casa de Galicia, Juan Serrano; o presidente de FAGAMA, Horacio Rico; o xornalista, Fernando Ónega; o fiscal do Tribunal Supremo, Antonio Troncoso de Castro; e Ana Romay, irmá de Miguel Romay.
A homenaxe…