Hoxe
--
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
Trátase da primeira novela de Silvia Rodríguez, que se enmarca no xénero negro con tinguiduras costumistas, impregnada dun sarcástico sentido do humor que nos introduce no rural, coas súas peculiares tradicións e estilo de vida, e se interna na cabeza dun homicida cargado de reivindicacións ecoloxistas e sustentables.
No acto de presentación a escritora estará acompañada por María de Meer, xornalista; Maica Rivera, xornalista e directora de Getafe negro; e Luis Muiño, psicólogo, divulgador e podcaster de "Entende tu mente".
A novela conta como na pequena localidade de Bosquesanto, ao norte…
Juan Pinzás, director e guionista, e Pilar Sueiro, produtora executiva de Atlántico Films, serán os encargados de presentar a longametraxe con motivo da súa estrea nos cinemas de toda España o día 27 de maio. Filmada baixo os preceptos do decálogo pinzasiano ideado polo propio director para esta triloxía europea, falarán da singular rodaxe da mesma ao longo de dous anos en tempos de pandemia.
"El corazón de Europa" é a segunda parte da 'triloxía europea' do cineasta galego tras "El vientre de Europa" (2017) presentada tamén na Casa de Galicia en Madrid e con notable éxito.
Esta…
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o autor, acompañado polo editor, Xabier Romero, dará a coñecer a súa obra, publicada pola Editorial Elvira, conversando sobre os relatos instrutivos e reveladores que a compoñen.
Contos da beiramar reúne catorce relatos onde a ficción e realidade se mesturan como envoltas pola mesma onda. Haberá quen dean por certos moitos dos feitos que neles se narran, mentres que sobre outros pensarán que non son máis que produto da imaxinación do autor. Pero podería ser xustamente ao revés. Porque ficción e realidade fanse mutuos préstamos para poñer…
A Casa de Galicia inaugura o xoves, 5 de maio, unha exposición retrospectiva do pintor pontevedrés que está composta por cadros dos últimos anos da súa actividade artística, así como polas súas creacións máis recentes. Trátase dunha selección de obras de gran e medio formato nas que destacan a paisaxe da súa terra e o retrato. Esta exposición poderá visitarse ata o 30 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.Festivos: de 10 a 14 horas.
Nacido en Briallos (Portas, 1952), Celso Varela acumula unha longa traxectoria expositiva, tanto en mostras individuais como colectivas. Desde a…
Galicia celebrará o próximo 17 de maio o Día das Letras Galegas, e por este motivo o poeta e crítico literario, Miro Villar, pronunciará unha conferencia dedicada ao poeta de Valdeorras, que se viu forzado a exiliarse en México tras o levantamento militar de Franco, debido ás súas ideas republicanas, a súa pertenza ao Partido Galeguista e por publicar en cabeceiras como A Nosa Terra e a revista Nós.
Avogado de formación, Delgado Gurriarán tocou todos os paus literarios que lle foron posibles: foi poeta, articulista, tradutor de poesía interlingüística e editor, pero sobre todo, é coñecido…
Unha produción galega que segue o roteiro de Exeria, fascinante figura do século IV que peregrinou desde as calzadas romanas de Gallaecia ata os seus destinos de Terra Santa e Constantinopla, deixando testemuño escrito no seu Itinerarium.
Acompañará ao director do documental, o escritor Miguel Anxo Murado, quen correrá a cargo da presentación do acto.
"Exeria, a primeira peregrina" é unha realización galega de proxección internacional gravada en cinco países, que ten como obxectivo levar o medio audiovisual á epopea histórica dunha viaxe extraordinaria antes do comezo das grandes…
Félix García de Pablos, doutor en Dereito e relator do Tribunal Económico-Administrativo Central do Ministerio de Facenda, disertará sobre as condicións e os prazos nos que se outorgaron as concesións para explotar as centrais eléctricas galegas; así como a escasa reversión que sobre o territorio onde se atopan instaladas ditas explotacións hidrográficas dos ríos galegos, realizan as concesionarias.
Ademais, as concesións que explotaron aos ríos galegos excederon con fartura o prazo de aproveitamento legal con prórrogas e ampliacións que as levaron na gran maioría de casos a exceder o século…
Inauguración da exposición de fotografía "LITO PAREIDOLIA. Unha mirada aos montes da Pedra do Cadro"
Durante o acto de presentación, Eduardo Cimadevila estará acompañado por Javier Mª Navas Alonso, que tamén é o autor do prólogo do catálogo da exposición.
A través desta exposición, poderanse contemplar 56 fotografías que recollen seis anos de traballo do fotógrafo madrileño, durante os cales estivo percorrendo os camiños dos montes da Pedra do Cadro. Nesta zona, pertencente ao concello de Muros, atópanse escondidos bloques de granito con formas e figuras caprichosas, de suxestiva beleza, que lembran a animais ou humanos.
Esta mostra de pareidolia natural poderá visitarse ata o 29 de abril…
O Capital de Navío da Armada, Luis Mollá, presenta a súa nova novela publicada pola editorial Almuzara, na que relata a descoñecida expedición de Juan Sebastián de Elcano e García Jofre de Loaísa na que se trataba de dar unha segunda volta ao mundo en 1525, cando só transcorreran tres anos da primeira.
Unha expedición moito máis ambiciosa e que veu precedida pola que realizaron Magallanes e Juan Sebastián Elcano coa nave Victoria, cuxo éxito alentou esta segunda iniciativa real que saíu da Coruña en xullo de 1525, e que acabou chea de infortunios e coa vida de Loaísa e Elcano, quen atopou a…
"Érase unha vez..." é o título da exposición conxunta que poderá visitarse na Casa de Galicia durante o mes de marzo. Trátase dunha mostra dispar en canto ás propostas de ambos os artistas, pero compacta no seu conxunto polas visións complementarias que ofrece. Por unha banda, a cotidianeidade dos obxectos presentados por Seoane entre pinturas e alzados nos que destaca o recurso da colaxe. Por outra, a suxestiva viaxe proposta por Padrón, a base dunha natureza exuberante, colorida e onírica. A exposición poderá contemplarse ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos…