Hoxe

--
fotos-web-nova-53
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Eventos pasados

  Esta antoloxía trilingüe (castelán, galego e catalán ou valenciano) de poesía xorde para celebrar o Ano Xacobeo e convidarnos a realizar o Camiño de Santiago desde calquera punto de partida. Todos os poemas falan  do que supón para o peregrino esta significativa experiencia. Cada poeta ou artista plástico tentou reflectir as súas propias vivencias dunha maneira persoal baseada na súa sensibilidade. O proxecto foi apoiado  pola a Xunta de Galicia Xacobeo 2021-2022,e o prólogo correu a cargo de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia,…
Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova conforman unha nova xeración de escritoras que conquistou unha destacada posición no ámbito da literatura, do pensamento feminista e da conciencia social en favor dun mundo mellor que o que herdaran. Mostraron unha enorme sensibilidade cara aos sectores máis vulnerables da sociedade, tentando cambiar esta realidade. As catro tiveron unha consideración especial cara á situción da muller, tentando que a perspectiva feminina fose coñecida e respectada.  A través deste ensaio, o autor pretende dar a coñecer a estas…
Esta obra pode considerarse un poema se entendemos a poesía como o texto no que se lle encomenda á linguaxe a capacidade para referirse ao inefable.  Esta obra pode considerarse unha novela, xa que desenvolve un argumento por medio de personaxes e hai unha intervención omnisciente dun narrador. Esta obra pode definirse como unha autobiografía na medida en que hai unha confesión polo xeral enmascarada do si mesmo. Ten de ensaio en canto a que responde a unha reflexión subxectiva sobre algún asunto sen a pretensión de esgotalo. Pero no seu conxunto, trátase dunha novela que ten como…
Trátase dunha novela que se desenvolve dentro dun maxestoso escenario que esconde o secreto silenciado durante anos por unha poderosa saga industrial galega. Unha conmovedora novela inspirada en sucesos reais que desentraña a dificultade de revelar o case inexplicable. Lúa, unha nena pequena de seis anos, observa como cada Nadal chegan á súa casa uns estraños sobres ribeteados en vermello e azul. Ela pregúntalle inocentemente pola súa procedencia, pero a súa nai resístese a responder. Aos poucos vaise dando conta de que a súa anodina vida, na época da transición española, oculta secretos…
A Casa de Galicia en Madrid acollerá, entre o 15 de decembro e o 29 de xaneiro, a exposición O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021, que repasa os feitos máis salientables das catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución, o 19 de decembro de 1981 no Pazo de Xelmírez, ata a actualidade. A mostra permaneceu aberta ao público na sede do Lexislativo autonómico entre o 15 de decembro de 2021  e o 15 de marzo deste ano, iniciando despois un percorrido polas cidades galegas. Foi comisariada por Ramón Villares Paz, catedrático de Historia…
Esta pioneira plataforma dixital nace en San Xoán de Río (Ourense) co obxectivo de impulsar o retorno demográfico ás aldeas galegas a través dun sistema que lembra ao da popular app de citas. O obxectivo de Aldealista é facer visible os pobos invisibles. Trátase dunha plataforma dixital que busca poñer en valor o rural de Galicia poñendo o foco naqueles municipios de menos de 5.000 habitantes. Municipios como San Xoán de Río, en Ourense, onde nace este innovador proxecto da man de Juan Carlos Pérez e Juan Martín que intervirán no acto de presentación. O primeiro paso é elixir o territorio…
Galaico-madrileña afincada nas Rías Baixas, Silvia de Pablos presenta a súa novela "Galician Stories", unha novela de misterio que fará que o lector vexa Galicia con outros ollos.  Publicado por bubok Editorial, o libro conta como unha xornalista de investigación viaxa a Galicia a facer a súa tese doutoral sobre os misterios e  lendas desa rexión. No medio das súas investigacións, involúcrase nunha investigación criminal para resolver a desaparición dalgunhas persoas en estrañas circunstancias e implícase, case sen querer, en enigmáticos fenómenos. Os incomparables marcos naturais…
O xornalista, escritor e peregrino, Javier Leralta, estará acompañado durante a súa charla, por Mercedes Ceinos, de Madrid Saúde. Trátase da terceira e última conferencia do ciclo que organizou a Asociación de Amigos de los Caminos de Santigo en Madrid ao longo do mes de novembro, dentro do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos. Nesta ocasión, a charla correrá a caro de Javier Leralta, xornalista, escritor e peregrino, o cal estará acompañado por Mercedes Ceinos, de Madrid Saúde.  Javier Leralta é licenciado en CC. Información e Máster en Novas Tecnoloxías da…
"TEMPERANDO. La gaita gallega y su mundo", editado por Ibersaf, foi escrito cunha vocación divulgativa e didáctica. A publicación aúna nun só volume diferentes ámbitos de coñecemento sobre a gaita e o seu mundo, o que o fai un libro destinado tanto a músicos como a calquera lector interesado polo folclore no seu máis ampla acepción. Nos seus vinte capítulos nada se dá por sentado, os temas desenvólvense desde os puntos de partida máis básicos, estruturándose de modo que o acceso aos coñecementos máis avanzados sexa sinxelo e todo iso cunha linguaxe clara que evita todo tecnicismo innecesario…