Presentación do proxecto dixital "ALDEALISTA. Descobre o teu pobo"

Eventos
12/14/2022
12/14/2022
14/12/2022

Presentación do proxecto dixital "ALDEALISTA. Descobre o teu pobo"

Esta pioneira plataforma dixital nace en San Xoán de Río (Ourense) co obxectivo de impulsar o retorno demográfico ás aldeas galegas a través dun sistema que lembra ao da popular app de citas.

O obxectivo de Aldealista é facer visible os pobos invisibles. Trátase dunha plataforma dixital que busca poñer en valor o rural de Galicia poñendo o foco naqueles municipios de menos de 5.000 habitantes. Municipios como San Xoán de Río, en Ourense, onde nace este innovador proxecto da man de Juan Carlos Pérez e Juan Martín que intervirán no acto de presentación.

O primeiro paso é elixir o territorio para coñecer, e a continuación o usuario terá acceso a unha serie de fotografías que poderá ir deslizando de esquerda a dereita, como na aplicación de citas, demostrado así as súas preferencias. Desta forma, o algoritmo intelixente desta aplicación dará con aquel pobo que máis encaixa co perfil de cada usuario.

O fundador de Aldealista asegura que con esta ferramenta quere dixitalizar os pobos de Galicia e impulsar o retorno demográfico. É unha app que busca devolver aos pobos máis pequenos da comunidade o seu ben máis prezado: o capital humano. Para iso, unha vez o usuario fai match cun pobo, terá acceso a información do mesmo: onde comer, onde durmir, onde comprar... todo o necesario para namorarse profundamente dun lugar que, quen sabe, podería ser o seu novo fogar. E é que se o namoramento é moi forte pode quen mesmo deixe atrás a súa antiga vida e decida comezar unha nova nese lugar que descubriu coa axuda de Aldealista.

Ademais da app, Aldealista ten o formato físico. Trátase dun código QR impreso nunha baldosa, e co que conta San Xoán de Río, que aglutina toda a información do concello. Monumentos, comercios, festas... Todo o que calquera persoa necesita saber para coñecer en profundidade este municipio da Galicia rural.

A plataforma nace con carácter colaborativo e busca a implicación daqueles concellos que queiran dar a coñecer todo o seu potencial. Aqueles alcaldes ou municipios de menos de 5.000 habitantes poden realizar a súa solicitude a través de info@aldealista.com.

Aldealista nace en Galicia pero o seu obxectivo é expandilo polo resto de España. Tras a súa posta en marcha en novembro, o plan de expansión a nivel nacional levarano a cabo entre xaneiro e maio de 2023. O obxectivo, o mesmo: poñer en valor o rural de España.
 

 

14 Decembro 2022
Eventos
Imaxes