Hoxe
--
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
Con motivo da celebración do 60º aniversario do seu falecemento, Aser Álvarez escribiu e dirixiu unha curtametraxe documental para o Consello da Cultura Galega sobre os primeiros anos na biografía de xornalista de Vilanova de Arousa, Julio Camba. Trátase da súa etapa menos coñecida que comeza no seu pobo natal e termina en Madrid, despois dun breve paso pola Arxentina de finais do século XIX.
Durante o acto de presentación do documental, Aser Álvarez estará acompañado polo investigador Carlos Lapeña.
Con esta peza audiovisual preténdese poñer en valor a etapa inicial do reputado escritor e…
Segundo Unai González, prologuista do catálogo desta exposición, o artista pretende que "os visitantes, con ollos ávidos de morriña e saudade, poidan ver nos diferente cadros, paisaxes dos seus recordos e vivencias desde un punto de maxestosa técnica que mestura realismo con maxia, costumismo e tradición, crenza e superstición".
Nesta colección de obras plasma os lugares máis destacados de Compostela, como a Rúa do Villar, ou a Rúa Nova, así como a Torre do Reloxo ou Berenguela, a propia catedral e as súas torres desde o Paseo da Ferradura, que nos transportan a lugares que merece a…
María Jesús Domínguez Sío, doutora en filoloxía hispánica, ademais de catedrática de literatura, presenta unha novela histórica, editada por Almuzara, dedicada ao gran navegante de Palos de la Frontera, Martín Alonso Pinzón.
Grazas a un titánico labor de documentación e un inspirado alarde literario, a escritora recoñece o carácter visionario, mesmo místico e, por suposto, ambicioso e egocéntrico de Colón e, á vez, asentando a súa narración neses mesmos feitos reivindica e enaltece a figura de Martín Alonso Pinzón, sen cuxo concurso e o dos seus irmáns Vicente Yañez e Francisco, a xesta…
María Jesús Domínguez Sío, doutora en filoloxía hispánica, ademais de catedrática de literatura, presenta unha novela histórica, editada por Almuzara, dedicada ao gran navegante de Palos de la Frontera, Martín Alonso Pinzón.
Grazas a un titánico labor de documentación e un inspirado alarde literario, a escritora recoñece o carácter visionario, mesmo místico e, por suposto, ambicioso e egocéntrico de Colón e, á vez, asentando a súa narración neses mesmos feitos reivindica e enaltece a figura de Martín Alonso Pinzón, sen cuxo concurso e o dos seus irmáns Vicente Yañez e Francisco, a xesta…
JOSÉ CEREIJO naceu en Redondela (Pontevedra), en 1957. Desde 1968 vive en Madrid. Publicou ata a data cinco libros de poesía: "Límites" (Colección Melibea, 1994); "Las trampas del tiempo" (Hiperión, 1999); "La amistad silenciosa de la luna, haikus" (Pre-Textos, 2003); "Música para sueños" (Pre-Textos, 2007), e "Los dones del otoño" (Pre-Textos, 2015), e un de relatos "Apariencias" (Renacimiento, 2005).
Foi incluído en diversas antoloxías. Colabora en distintos medios de prensa, tanto escrita como electrónica, nos que publicou artigos, recensións de libros e outros textos…
Artista autodidacta de marcado carácter persoal, obsesionado pola cor e a composición que trata de achegar, desde formulacións investigadoras e existencialistas, novos camiños expresivos e comunicativos da arte. Aínda que a súa obra é eminentemente pictórica, realiza tamén obra fotográfica, cartelismo, ilustración e deseño artístico.
É coñecido polo seu afán de achegar o mundo da arte aos máis novos, mediante publicacións, artigos, conferencias, programas educativos e culturais, etc., actividade esta que o ten levado a foros internacionais da educación artística como o "4th International…
O traballo é unha mirada crítica sobre Emilia Pardo Bazán desde a nosa perspectiva contemporánea, analiza a estrutura dos seus contos e ofrece a súa propia e actual consideración teórica do xénero. Estes ensaios veñen destacar a actualidade dunha escritora, adiantada ao seu tempo, cuxa poliédrica figura, como a súa propia obra, non deixou de espertar a atención de lectores e estudiosos.
Complétase o volume cunha selección de contos, que recolle algúns dos máis significativos, desde "Un matrimonio del siglo XIX", publicado cando a moza Emilia apenas contaba catorce anos, ata "El árbol…
Trátase dunha exposición chea de serenidade, sensibilidade e harmonía, onde, xogando con suaves tonalidades e infinitos matices, composicións equilibradas e espazos cheos de silencio, o pintor transmite o que ten necesidade de compartir con todo aquel que contemple a súa obra. Non retrata a paisaxe que ten ante os seus ollos, senón que é transmisor da emoción que a el lle produce. Busca o silencio e, non só o atopa, senón que o transmite.
Marnay, de longo percorrido artístico, amplo currículo e unha extraordinaria traxectoria por salas nacionais e internacionais, paseou a súa…
Basilio de Brito é unha volta de porca á talvez mellor novela de Eça de Queirós, que sitúa esta obra á altura de Madame Bovary, Anna Karenina e La Regenta. O autor sentiu tan seducido e apenado co final dese libro de Eça que quixo reconstruílo. Con Luisa, resucitada, na sección de calzado do Corte Inglés lisboeta, e divorciada de Jorge, destinado nun ministerio.
Refacendo a novela, transformada nun poema-río de 500 versos non quixo nin puido evitar o eu lírico.
Con este libro, que fai o número cinco da súa obra poética en castelán, Vicente Araguas demostra un…
O relato desenvólvese en gran parte nas beiras do río Tajo, tanto en España, sobre todo nas localidades de Auñón, Alocén, Sacedón e outros, e tamén nas terras portuguesas de Vila Nova da Barquinha. Recolle sublimes relatos de amor e morte no medio da fame e das enfermidades nun país en decadencia É, tamén, un canto ao Tajo, río sacro para o autor e para cuantos viven nas súas beiras.
Expón as tradicións e costumes da época en contraste coas novas ideas que traían os franceses, pero tamén algúns intelectuais patrios que pedían profundos cambios sociais.
No medio da guerra e da…