Presentación do libro "Basilio de Brito ha vuelto a Lisboa", de Vicente Araguas

Eventos
11/17/2021
11/17/2021
17/11/2021

Presentación do libro "Basilio de Brito ha vuelto a Lisboa", de Vicente Araguas

O escritor galego Vicente Araguas (Xuvia, Neda, 1950) regresa á poesía coa publicación de "Basilio de Brito ha vuelto a Lisboa". Un libro galardoado co Premio Internacional de Poesía Gustavo Adolfo Bécquer 2020 publicado pola editorial madrileña Pigmalión.

Neste acto de presentación acompañará ao autor, o presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada.

Basilio de Brito é unha volta de porca á talvez mellor novela de Eça de Queirós, que sitúa esta obra á altura de Madame Bovary, Anna Karenina e La Regenta. O autor sentiu tan seducido e apenado co final dese libro de Eça que quixo reconstruílo. Con Luisa, resucitada, na sección de calzado do Corte Inglés lisboeta, e divorciada de Jorge, destinado nun ministerio.

Refacendo a novela, transformada nun poema-río de 500 versos non quixo nin puido evitar o eu lírico.

Con este libro, que fai o número cinco da súa obra poética en castelán, Vicente Araguas demostra un momento de madurez, no que a experiencia se combina cun espírito independente do que non pode xurdir senón a literatura en estado puro. Poesía onde o culto e o rebelde non son senón elementos complementarios, chegando case ao pleonasmo.

O libro será agora traducido ao portugués polo xornalista, narrador e poeta de Funchal José Viale Moutinho.

17 Novembro 2021
Eventos
Imaxes