Hoxe
--
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición 40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro. A mostra conforma un percorrido polos 40 anos da autonomía da Comunidade a través das caricaturas de Siro López.Siro leva case unha vida convertendo os fitos políticos máis importantes da Comunidade en viñetas que se publicaron na Voz de Galicia.A mostra poderá visitarse nas salas Emilia Pardo…
Próximos eventos
--
Non creo en máis vida ca esta relata os últimos días dun pai ao coidado do seu fillo. Ao longo destas páxinas a obra repasa a traxectoria do protagonista dende a memoria do seu coidador.J. Benito Fernández é un coñecido autor de biografías que, con este libro se achega por primeira vez ao mundo da ficción.A presentación terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o martes 17 de marzo ás 19,30h. con…
Eventos pasados
Dita Federación vai celebrar o XII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas en Madrid do 21 ao 24 de outubro, e estará organizado nesta edición pola Asociación Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.
Co lema “ Camiños de Santiago, Camiños de Europa ” e o subtítulo “ Unha mirada ao Ano Santo e Xacobeo 2021”, a Federación quere ser fiel ao espírito dos primeiros congresos, ao mesmo tempo que desexa poñer de manifesto o cambio substancial que se produciu nestes anos no movemento xacobeo.
Entrada libre ata completar aforo.
A Casa de Galicia en Madrid reabre as súas portas a efectos administrativos.
Poderase visitar tamén a exposición interrompida o 13 de marzo, " Hai mulleres", de Otero Regal, ata o próximo 30 de xullo. As visitas non poderán, con todo, acceder en grupo.
Con motivo da situación sanitaria creada pola expansión do virus COVID-19 (Coronavirus), suspéndense temporalmente as actividades na Casa de Galicia en Madrid. Avisaremos do seu reinicio con novas convocatorias de actos.

Con motivo da situación sanitaria creada pola expansión do virus COVID-19 (Coronavirus), suspéndense temporalmente as actividades na Casa de Galicia en Madrid.
Avisaremos do seu reinicio con novas convocatorias de actos.
A exhibición consta dunha serie de pezas que mesturan as letras coa plástica e o material esencial da obra de Otero Regal, a cerámica. O traballo colectivo de poetas, literatos e xornalistas amósase en galego e castelán; a cada un deles pediu o escultor un escrito vencellado co nome dunha muller, e para cada relato o mariñán aportou un cadro ou unha efixie.
Alfonso Otero Regal naceu na vila de Foz, concretamente en Nois, en 1952. Estudou pintura con Puchades en Mondoñedo, na Escola Massana de Barcelona, e no Seminario de Estudos Cerámicos en Sargadelos. Tamén realizou un curso con Cumellas…
Os guionistas Pepe Rey e Manuel López Poy e o debuxante de Baralla Miguel Fernández regresan coa terceira entrega do cómic A espada de San Eufrasio. Un pacto con Satanás. A obra leva aos lectores ás loitas polo control do territorio e do Camiño de Santiago nos anos previos á Revolta Irmandiña.
Neste terceiro tomo avanza a conspiración que dá lugar á Revolta Irmandiña e introdúcense novos personaxes, como o mercenario don Nuño e o seu escolta, o mouro Mahmid.
Primavera de 1495. Mentres no Reino de Castela sucédense as intrigas pola sucesión de Enrique IV, en Galicia a guerra entre os señores…
O premio "Memorial José Antonio Díaz Reneses aos Valores na Tuna" na súa edición 2019 recaeu no Museo Casa de la Troya, de Santiago de Compostela, polo respecto e o traballo pola conservación e a promoción do patrimonio cultural da nosa irmandade universitaria.
La Casa de la Troya, que é a casa común das Tunas no mundo, actualmente é un museo que recrea a antiga pensión estudantil inmortalizada por Alejandro Pérez Lugín na súa novela do mesmo título.
O premio "Valores na Tuna" foi instituido en 2017 por un grupo de antigos tunos para destacar anualmente ás persoas e institucións que dentro…

Desta maneira, Lalín volve ser capital da gastronomía galega, e tamén española, e un escaparate dun produto gastronómico de primeira calidade que traspasa fronteiras e que é a suma de esforzos construídos ao longo dos anos coa audacia e o esforzo dos lalinenses.
Nesta 52ª edición comezan unha nova etapa, tras o recoñecemento da Feira do Cocido de Lalín como a primeira feira gastronómica en España declarada como Festa de Interese Turístico Internacional. Esta distinción supón o máximo recoñecemento que se pode alcanzar neste ámbito e, neste caso, tratarase da primeira festa gastronómica…