Presentación da edición de "Insolación", de Emilia Pardo Bazán, con ilustracións de José Cuchy

Eventos
10/27/2021
10/27/2021
27/10/2021

Presentación da edición de "Insolación", de Emilia Pardo Bazán, con ilustracións de José Cuchy

Partiparán no acto de presentación: Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión; Miguel Losada, escritor, presidente da Aula de Estudos Galegos do Ateneo de Madrid e responsable da edición; Antonio Chazarra, profesor de Filosofía e membro da comisión do Ateneo de Madrid para o centenario de Emilia Pardo Bazán; e José Manuel Lucía Megías, catedrático da UCM e escritor.

"Insolación" é quizá a novela máis moderna e rompedora da súa autora.  Cento trinta anos despois da súa aparición, a obra continúa máis viva que nunca e enfróntanos a temas que aínda resultan de actualidade.

"Insolación" é a historia de amor que xorde entre a galega Asís Taboada e o andaluz Diego Pacheco baixo o ardente sol madrileño, pero vai moito máis alá. Emilia Pardo Bazán consegue nesta novela subverter as nocións de corrección e xerarquía, ir "contra o pacto social do mundo e as súas farsas". Cun sutil sentido do humor e unha permanente ironía, critica a autora a hipocrisía social, pois "nada hai máis perigoso que o reprimido e oculto", e pon en boca do seu protagonista preguntas como: "Por que non han de ter dereito as mulleres para atopar guapos aos homes que o sexan?"

Ademais dunha denuncia da dobre rapadoira utilizada para medir as actitudes de homes e mulleres, a novela convértese nunha defensa da identidade nacional fronte ao "frío racionalismo europeo", de modernos valores ambientais, e constitúe un magnífico retrato dos diferentes ambientes do Madrid da Restauración. A isto último contribúe en gran medida o centenar de ilustracións de José Cuchy que xa acompañaron a primeira edición e que agora recuperamos para intensificar aínda máis, se cabe, o pracer que provocará a lectura destas páxinas.

27 Outubro 2021
Eventos
Imaxes