Inauguración da exposición “VÍA LÁCTEA, GUÍA DE PEREGRINOS A GALICIA” e presentación do XII CONGRESO INTERNACIONAL DE ASOCIACIÓNS XACOBEAS

Eventos
10/05/2021
10/05/2021
05/10/2021

Inauguración da exposición “VÍA LÁCTEA, GUÍA DE PEREGRINOS A GALICIA” e presentación do XII CONGRESO INTERNACIONAL DE ASOCIACIÓNS XACOBEAS

A inauguración da exposición “VÍA LÁCTEA, GUÍA DE PEREGRINOS A GALICIA”, correrá a cargo de Alfonso Freire, director editorial de Lúdica Libros.

A continuación comezará o acto de presentación á prensa do XII CONGRESO INTERNACIONAL DE ASOCIACIÓNS XACOBEAS coa intervención de Jorge Martínez-Cava, presidente do devandito Congreso e da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid; de José María Ballester, exdirector xeral de Cultura, Patrimonio Cultural e Natural do Consello de Europa;  de Luís Gutiérrez Perrino, Presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago; e de Ildefonso de la Campa, xerente do Xacobeo

Dita Federación vai celebrar o XII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas en Madrid do 21 ao 24 de outubro, e estará organizado nesta edición pola Asociación Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.

Co lema “ Camiños de Santiago, Camiños de Europa ” e o subtítulo “ Unha mirada ao Ano Santo e Xacobeo 2021”, a Federación quere ser fiel ao espírito dos primeiros congresos, ao mesmo tempo que desexa poñer de manifesto o cambio substancial que se produciu nestes anos no movemento xacobeo.
 

Entrada libre ata completar aforo.

05 Outubro 2021
Eventos
Imaxes