Hoxe

--
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición 40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro. A mostra conforma un percorrido polos 40 anos da autonomía da Comunidade a través das caricaturas de Siro López.Siro leva case unha vida convertendo os fitos políticos máis importantes da Comunidade en viñetas que se publicaron na Voz de Galicia.A mostra poderá visitarse nas salas Emilia Pardo…

Próximos eventos

--
Non creo en máis vida ca esta relata os últimos días dun pai ao coidado do seu fillo. Ao longo destas páxinas a obra repasa a traxectoria do protagonista dende a memoria do seu coidador.J. Benito Fernández é un coñecido autor de biografías que, con este libro se achega por primeira vez ao mundo da ficción.A presentación terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o martes 17 de marzo ás 19,30h. con…

Eventos pasados

A presentación está dirixida a todos aqueles que estean a pensar en volver á súa terra, ou teñan interese en coñecer as posibilidades que habería, para iniciarse nunha actividade empresarial en Galicia, unha terra acolledora e chea de oportunidades.  En 2023 potenciarase como nunca antes o emprendemento. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que conta cunha nova Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, aposta de maneira decidida polas políticas de emprendemento e pola mellora da coordinación de todos os recursos existentes a nivel autonómico. A conselleira de…
"Luminiscencia" é o título que elixiron Adrián Sánchez e José Manuel Aguilar para levarnos a unha viaxe muscical que comeza no século XVIII ata a actualidade, dando a coñecer as características de cada época interpretadas a través do saxofón. Interpretarán pezas de compositores do século XVIII como Marin Marais (1656-1728), Georg Philipp Telemann (1681-1767) ou Johann Sebastian Bach (1685-1750), de finais do século XIX como Francis Poulenc (1899-1966) e pezas de compositores actuais como José María Sánchez-Verdú (1968) e Christian Lauba (1952), entre outros. Adrián Sánchez é un músico que…
No acto de presentación acompañará ao autor Héctor Luis Suárez Pérez, Cátedra de Etnomusicoloxía do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Jesús García, leonés, músico e técnico de son, conta nun libro 60 anos de vida de Viana do Bolo e a súa. A través desta obra aborda a historia recente de España desde a memoria dun pobo galego. "Cuaderno de Viana" é unha obra con gran contido histórico, cultural e etnográfico. Está composto por 75 capítulos que abarcan o período de 1700 a 2000 e inclúen documentos, lendas e relatos da Galicia interior: 75 relatos curtos de Viana do Bolo e…
O debuxante Miguel Fernández e os guionistas Pepe Rey e Manuel López Poy volven unirse para despedir esta saga publicada pola editorial Diábolo. No acto de presentación estarán os autores do cómic e o editor, Lorenzo Pascual. En "Descanse en paz" encaixan todas as pezas que se foron presentando nos cómics anteriores e resólvense as tramas nunha solución final bastante espectacular. A obra arrinca en 1466, cando a situación política e social en Galicia alcanza o seu estado de máxima tensión. Mentres as Irmandades de Lugo organízanse para responder á situación de opresión e poñer fin aos…
Esta conferencia, a primeira das tres que se pronunciarán ao longo do mes de novembro, correrá a cargo do peregrino e escritor amateur, Andrés Juez Pérez, o cal estará acompañado por José Antonio Ortiz, director da revista "Peregrino". Andrés Juez Pérez (Madrid, 29.11.1962). Rexistrador da Propiedade de profesión, tivo o seu primeiro destino en Galicia (Viana do Bolo). Cando viviu en Ponferrada entre 1997 e 2000 descubriu de primeira man o Camiño de Santiago, aínda que ata 2004 non se animou a facelo en persoa e, como é habitual, o mínimo desde Sarria. A partir de entón, todos os anos (salvo…
O martes, 8 de novembro, ás 19:30 horas, terá lugar na Casa de Galicia en Madrid a presentación do libro "Pesadelo da creación", publicado por Medulia Editorial e obra da poeta e escritora nada en Fisterra, Branca Vilela. Acompañarán á autora durante o acto de presentación: Juan Serrano López, director da Casa de Galicia en Madrid; Vicente Araguas, poeta e crítico literario; Basilio Rodríguez Cañada, presidente da Editorial Sial Pigmalión; e Javier Dámaso, catedrático de Dereito e escritor. Este libro, que contén unha gran carga social, tensión e intriga, constitúeo un só poema e a autora…
A artista, natural de Millarouso de Valdeorras (Ourense), presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra máis recente. Trátase dun traballo no que se poderán contemplar 14 óleos rebosantes de cor, coa temática común dos músicos do Pórtico da Gloria.  No acto de presentación, Lola Doporto estará acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano; e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas. Tal e como expresa Tareixa Taboada no…
O acto de presentación contará coa participación de Jorge de Vivero, un dos autores do libro; e Marta Rivera de la Cruz, conselleira de Cultura, Turismo e Deporte da Comunidade de Madrid. O libro, que recolle recensións e imaxes dos 50 accesos máis espectaculares do roteiro xacobeo dos que 21 son galegos, está exposto para abrir ante os lectores unha dobre posibilidade, a de lelo de corrido ou a de ir transitándoo pola orde do seu interese. Para materializar a obra, De Vivero, xunto aos fotógrafos, Tejero e Díaz, percorreron as oito variantes do Camiño —Norte, Francés, Inverno, Primitivo,…
"Xantar" é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de "Feiras Comerciais Internacionais" españolas. Cunha traxectoria de 22 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, converteuse nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal. Esta diferenciación atrae ademais a outros participantes internacionais, fundamentalmente desde Iberoamérica. Esta liña de internacionalización permitiu crear redes de cooperación en materia de Gastronomía e Turismo…
Durante a presentación, a autora estará acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Carlos Serrano; polo xornalista e escritor, Ferran Garrido; e por Toni Alcolea, da editorial Olé Libros. ´Farruca´ achega unha visión intimista e á vez universal do mundo e os nosos sentimentos, explorando a claridade que outorga o sufrimento, o amor como reflexo da persoa amada e o paso do tempo como unha viaxe transformadora que nos ofrece oportunidades cada día. Con este poemario, a autora aspira a aceptar a vida e os seus distintos momentos, gozando do inesperado da viaxe.  Belén…