Concerto de saxofón "LUMINISCENCIA", polos músicos Adrián Sánchez e José Manuel Aguilar

Eventos
11/17/2022
11/17/2022
17/11/2022

Concerto de saxofón "LUMINISCENCIA", polos músicos Adrián Sánchez e José Manuel Aguilar

"Luminiscencia" é o título que elixiron Adrián Sánchez e José Manuel Aguilar para levarnos a unha viaxe muscical que comeza no século XVIII ata a actualidade, dando a coñecer as características de cada época interpretadas a través do saxofón.

Interpretarán pezas de compositores do século XVIII como Marin Marais (1656-1728), Georg Philipp Telemann (1681-1767) ou Johann Sebastian Bach (1685-1750), de finais do século XIX como Francis Poulenc (1899-1966) e pezas de compositores actuais como José María Sánchez-Verdú (1968) e Christian Lauba (1952), entre outros.

Adrián Sánchez é un músico que está interesado en manter a esencia de cada época en cada unha das súas interpretacións.

A súa paixón pola música comezou á idade de 9 anos na Escola de Música de Vila de Cruces (Pontevedra) e na Escola Municipal de Música e Danza de Santiago de Compostela, para posteriormentetrasladarse a Bordeaux (Francia) onde estudou baixo a tutela da recoñecida saxofonista Marie-BernadetterCharrier, no Conservatorio Jacques Thibaud. Adrián completou os seus estudos superiores baixo a tutela do recoñecido saxofonista Pedro Pablo Cámara enel Centro Superior Katarina Gurska (CSKG) de Madrid. Así mesmo, durante a súa formación tamén asistiu a masterclasses con músicos da talla de: Marcus Weiss, Daniel Gauthier, Femke Ijistra, Xabier Casal, XavierLarsson, Joaquín Sáez, José Manuel Bañuls…

Participou en numerosos festivais internacionais e actuou en numerosos auditorios dentro e fóra do noso país.

Así mesmo, foi premiado en: Concurso Internacional Cap Ferret Music Open, celebrado na rexión francesa de Cap Ferret no ano 2019, onde foi galardoado co Prix Open Nissan (primeiro premio do concurso) e o Prix du Theatre Saint Bonnet de Bourges. Ademais, tamén foi finalista do Osaka Internacional Music Competittion, en Xapón. Apaixonado pola música de cámara, Adrián formou parte de numerosos grupos como son: Ensemble de Saxophones Bordeaux Nouvelle Aquitaine (Francia), OnOff Ensemble (Madrid), Prochain Arret Ensemble (Madrid) ou a Banda Artística de Merza (Pontevedra). Ademais, colaborou con agrupacións tales como a Orquestra Joecom (Madrid) ou a Banda Municipal de Santiago de Compostela (A Coruña). Tamén foi convidado como solista por orquestras como a Orquestra de Cámara do CSKG (Madrid), Orquestra da Academia de Dirección do CSKG (Madrid) e coa Orchestre Symphonique dy Bassin d´Arcachon (Francia).

Pola súa banda, José Manuel Aguilar representa á nova xeración de saxofonistas, flexible e con formación e experiencia en repertorios que abordan desde o Barroco ata a música máis contemporánea. A pesar da súa mocidade, actuou en importantes salas do panorama musical europeo (España, Andorra, Alemaña, Francia, Bélxica, etc).

Destaca por interpretar concertos como solista xunto a diversas orquestras nacionais e internacionais (OSC, CNR Saint-Maur, etc). Ademais de obter premios en diferentes concursos, foi seleccionado entre os mellores saxofonistas do mundo para participar na última edición do prestixioso concurso Adolphe Sax, celebrado cada catro anos.

No ámbito de música de cámara, traballou en diferentes proxectos e formacións, destacando o “Sextuor Kaos”, sexteto formado por corda, fagot e saxofón, no que investigou sobre a realidade aumentada e escoita acústica, realizando concertos en diferentes festivais apoiados pola Université Paris-Sanclay.

Despois de terminar os seus estudos no Conservatorio Superior de Música “Manuel Castelo” (Sevilla) e realizar un posgrao en París, continúa a súa formación no Centro Superior Katarina Gurska de Madrid co brillante saxofonista Pedro Pablo Cámara.

Cunha ampla formación académica, este novo saxofonista trasladouse a París para traballar da man de Nicolas Prost, referente no mundo do saxofón, formado no Conservatorio Nacional Superior de París.

En paralelo á súa carreira musical, desenvólvese no ámbito da docencia e investigación colaborando con diferentes centros formativos.

17 Novembro 2022
Eventos
Imaxes