Presentación da quinta e última entrega do cómic histórico "La espada de San Eufrasio"

Eventos
11/15/2022
11/15/2022
15/11/2022

Presentación da quinta e última entrega do cómic histórico "La espada de San Eufrasio"

O debuxante Miguel Fernández e os guionistas Pepe Rey e Manuel López Poy volven unirse para despedir esta saga publicada pola editorial Diábolo. No acto de presentación estarán os autores do cómic e o editor, Lorenzo Pascual.

En "Descanse en paz" encaixan todas as pezas que se foron presentando nos cómics anteriores e resólvense as tramas nunha solución final bastante espectacular.

A obra arrinca en 1466, cando a situación política e social en Galicia alcanza o seu estado de máxima tensión. Mentres as Irmandades de Lugo organízanse para responder á situación de opresión e poñer fin aos desmáns da nobreza coas armas na man, Rosendo e a súa familia, xunto á partida de bandoleiros dos Ancares, deciden pasar definitivamente á acción, co obxectivo de poder regresar ás súas terras en Villalba, libres da persecución da xustiza, tratar de recuperar a espada de San Eufrasio e de paso poñer fin aos seus días de prófugos en loita contra a inxustiza. Pero ese plan entraña riscos insospeitados e require unha audacia sen límite.

De fondo sempre está a Revolta Irmandiña e este tomo péchase coa segunda Revolta. O novo episodio está ambientado na comarca de Sarria, en Vilalba, Monforte, Lugo, Os Ancares ou a zona de Becerreá. Na obra pódense ver reconstrucións como a do mosteiro de Samos ou a ponte de Carracedo (Láncara).

15 Novembro 2022
Eventos
Imaxes