Conferencia "A Garda Civil no Camiño" Un valor seguro para todos, por Miguel Canellas Vicens

Eventos
11/23/2022
11/23/2022
23/11/2022

Conferencia "A Garda Civil no Camiño" Un valor seguro para todos, por Miguel Canellas Vicens

Esta conferencia, "A Garda Civil no Camiño" Un valor seguro para todos, é a segunda das tres que se pronunciarán ao longo do mes de novembro, dentro do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos. Nesta ocasión, a charla correrá a caro de Miguel Canellas Vicens, Tenente Coronel da Sección de Operacións da Garda Civil, o cal estará acompañado por Jorge Martínez Cava, presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. 

A relevancia histórica, a preservación e goce da súa riqueza cultural e a peregrinación conforman un espazo que merece unha resposta específica desde a perspectiva da seguridade pública. Tomando en consideración os trazos que describen a natureza do camiño, e tendo en conta a distribución territorial de competencias policiais en España, a Garda Civil é a Institución que proporciona o núcleo básico da seguridade pública no Camiño de Santiago. A misión da Garda Civil no Camiño de Santiago é proporcionar seguridade e confianza no peregrino, e por iso, elabora o Plan Anual para a Seguridade do Camiño de Santiago.

O Seminario adquire o sobrenome de José Antonio Cimadevila Covelo (Santiago 1919 – Madrid 2001) en memoria e recordo deste galego ilustre que presidiu o Centro Galego de Madrid. No ámbito xacobeo foi fundador e primeiro presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid desde 1987. Por tal motivo, a Asociación coa colaboración de Casa de Galicia en Madrid, puxo en marcha en 2001 o Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos, o cal quere ser en Madrid un lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e toda a realidade diversa que o fenómeno da peregrinación creou. O Seminario abre as súas portas a cuantos ámbitos de coñecemento: historia, arte, xeografía, filosofía, lexislación, enxeñería, socioloxía, etc, poidan axudar no estudo e coñecemento do Camiño de Santiago e a peregrinación a Compostela.

23 Novembro 2022
Eventos
Imaxes