Presentación do libro "CRUZADOS POLO CAMIÑO", de José G. Barral
“Cruzados polo camiño. Conxecturas compostelás sobre un Papa ilustrado”, é a última novela do baionés, José G. Barral Sánchez. Este é o terceiro libro do autor, que, ademais, resultou gañador no II Premio de novela Camiño de Santiago organizado pola Academia Xacobea.
O autor estará acompañado por Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid; Xosé Hermida, xornalista e escritor; e Pilar Falcón, Académica da Academia Xacobea e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.
O libro relata unha serie de acontecementos ao longo do Camiño Francés ao fío da visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela no ano 2010. Sen apartarse do modelo de novela de intriga, o autor reflexiona sobre o fenómeno Xacobeo, a subsistencia da relixiosidade nunha sociedade secularizada e as expectativas políticas que se crean ao redor deste tipo de eventos.
A novela non pretende ser unha referencia ortodoxa sobre o fenómeno Xacobeo, senón unha visión pouco convencional do Camiño dentro da corrente literaria histórico-relixiosa imperante fai un par de lustros. Deste xeito, o argumento traslada ao lector a lugares significados do itinerario Francés na procura de probas e pistas que axuden a despexar incertidumes e ameazas na visita do pontífice.
A edición do libro corre por conta da editorial Galaxia, conta tamén cunha tirada reducida na versión en castelán.