Presentación do libro de poemas "PESADELO DA CREACIÓN", de Branca Vilela

Eventos
11/08/2022
11/08/2022
08/11/2022

Presentación do libro de poemas "PESADELO DA CREACIÓN", de Branca Vilela

O martes, 8 de novembro, ás 19:30 horas, terá lugar na Casa de Galicia en Madrid a presentación do libro "Pesadelo da creación", publicado por Medulia Editorial e obra da poeta e escritora nada en Fisterra, Branca Vilela.

Acompañarán á autora durante o acto de presentación: Juan Serrano López, director da Casa de Galicia en Madrid; Vicente Araguas, poeta e crítico literario; Basilio Rodríguez Cañada, presidente da Editorial Sial Pigmalión; e Javier Dámaso, catedrático de Dereito e escritor.

Este libro, que contén unha gran carga social, tensión e intriga, constitúeo un só poema e a autora defíneo como unha poesía-novela xa que inclúe os compoñentes de ambos os xéneros literarios: conta unha historia, cun personaxe principal, que é unha muller, ao que posteriormente se van incorporando outros que van conducindo o poema ata o desenlace final.

É un libro inspirado na realidade de moitas mulleres, que fala de amor, de desengano, de dor, de incomprensión, de loita e de superación.

"Pesadelo da creación" é o noveno libro dunha autora que recibiu a mención de honra da crítica norteamericana ao mellor poemario escrito en lingua romance coa súa obra "Faciana das augas". Tamén recibiu o Premio Escriduende ao mellor poemario de contido social e recomendado na revista Educación 3.0 como mellor libro para iniciar ao público xuvenil e infantil na poesía co libro "No silencio dos lapis".

Os seus poemas aparecen publicados en revistas de diferentes Universidades de EEUU e foron traducidos ao inglés, francés, catalán, galego, árabe, portugués e esperanto.

 

08 Novembro 2022
Eventos
Imaxes